Skip to Content

Comedor

COMEDOR

A maioría do alumnado matriculado no noso centro é beneficiario deste servizo, polo que, para dar unha axeitada atención, establecemos dúas quendas.

• Á primeira, denominada Xantar Lectivo posto que se realiza en horario escolar, acode o alumnado do Nivel I e algún alumno/a doutro nivel por razóns familiares. Nesta quenda búscase que o alumnado xante en calma, con menos ruído e movemento, e axudando a que o alumnado que poida sexa cada vez mais autónomo desenvolvendo esta tarefa. Esta quenda realízase entre as 13:00 e as 13:45 horas. Unha vez rematada, o alumnado regresa á súa aula, na que o estará agardando o mestre/a correspondente.

• Na segunda quenda participa o alumnado do Nivel II e a FPB, e desenvólvese entre as 14:30 e as 15:15 horas. Unha vez rematada esta quenda, o alumnado sairá cara o patio ou sala de xuntas, dependendo das condicións climatolóxicas. Alí agardará ata a chegada dos transportes, acompañado do mestre/a encargado ou colaborador deste servizo, o persoal coidador e educador.

 

Características do comedor

- O servizo de comedor é gratuíto para todo o alumnado e para os profesionais que realizan a función de atención ao alumnado, abarcando todo o curso, segundo o calendario escolar.

- Dedicarase o tempo necesario ás comidas, xa que cada alumno/a ten un ritmo diferente que hai que respectar.

- O comedor escolar é un servizo complementario e voluntario, de carácter educativo, que tamén desenvolve unha destacada función social.

- Funciona baixo a modalidade de xestión directa.

- A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional facilita os recursos económicos e humanos necesarios para o seu funcionamento.

 

Obxectivos xerais

-Proporcionar unha alimentación suficiente, variada e equilibrada.

- Iniciar ao alumnado en gustos variados e na inxesta de todo tipo de alimentos.

- Coñecer os diferentes tipos de alimentos e nutrientes.

- Poñer en práctica normas hixiénicas.

- Espertar no alumnado o espírito de cooperación, implicándoos segundo as súas posibilidades nas tarefas de axuda no comedor.

- Adquirir as normas básicas para xantar e lograr un comportamento adecuado na mesa.

- Lograr un ambiente sen moito ruído, evitando berros e falando de forma distendida.

- Respectar as normas básicas de educación e convivencia.

Distribuir contido


by Dr. Radut