Skip to Content

Datos e localización

INFORMACIÓN XERAL DO CENTRO

O CEE Terra de Ferrol é un centro de titularidade pública, pertencente á Consellería de Cultura, Educación e Universidade. 

É un centro específico de educación especial que escolariza alumnos/as con Necesidades Educativas Especiais (que afrontan barreiras que limitan o seu acceso, a súa presenza, a súa participación ou a súa aprendizaxe, derivadas de discapacidade  ou de trastornos graves de conduta, da comunicación e da linguaxe, por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, e que requiren determinados apoios e atencións educativas específicas para a consecución dos obxectivos de aprendizaxe adecuados ao seu desenvolvemento).

O centro sitúase no Concello de Ferrol, na parroquia de San Pedro de Leixa. Contamos preto co Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (o CHUF), cun Centro Integrado de Formación Profesional (o CIFP Leixa), co Centro de Atención a Discapacitados (CAD Souto de Leixa) e cunha serie de empresas que conforman un pequeno tecido industrial. 

DATOS DO CENTRO

Enderezo: Rúa Irmandade de Doadores de Sangue de Ferrolterra, s/n. 15405 Ferrol, A Coruña

Código do centro: 15006729

Teléfono: 881 930 192

E-mail: cee.terra.ferrol@edu.xunta.gal

LOCALIZACIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut