Á Aula Multisensorial tamén chegou o inverno e por iso decidimos construír unha bandexa sensorial coa nosa propia neve. Para facela empregamos bicarbonato, cubos de xeo, auga moi fría e colorante alimentario azul. Tamén elaboramos uns bonecos de neve e acompañamos todo coa nova fibra óptica. Que ben o pasamos!