O CEE Terra de Ferrol conta cun grupo de alumnado moi heteroxéneo, cunhas necesidades tan específicas coma diversas, con diferentes grados de afectación e unha gran variabilidade de realidades persoais. A resposta educativa ás necesidades dos nosos alumnos/as caracterízase por unha gran amplitude, flexibilidade e individualidade.
ESTRUCTURACIÓN PEDAGÓXICA E CURRICULAR
Trátase dunha estructuración por niveis, establecida segundo un estudio e avaliación moi rigurosos, seguindo unha serie de criterios que obedecen a ítems relativos á idade, nivel de afectación, grado de autonomía, socialización e comunicación, así como ao nivel de competencia curricular.
A proposta curricular para o noso alumnado parte do Currículum Oficial e da Concreción Curricular do Centro. Partindo sempre da singularidade inherente á diversidade, os diferentes niveis demandan unha resposta curricular específica en determinadas áreas ou aprendizaxes.
NIVEL 2
Estructuración Pedagóxica | Estructuración Curricular |
6 aulas - 6 titores Problemas graves de conduta e personalidade TXD-TEA Discapacidade intelectual Plurideficiencias con maior autonomía, desenvolvemento e socialización |
Precisan estruturar a súa aprendizaxe a través de rutinas diarias, onde potenciaremos a autonomía e as habilidades socioemocionais. Favorecemos a intencionalidade comunicativa, empregando os sistemas alternativos de comunicación precisos e posibilitando un clima emocional estable e positivo. Contribuímos á adquisición das competencias clave e dos obxectivos xerais que marca o decreto do currículum, así como aos obxectivos curriculares das distintas áreas, todas elas adaptadas ás posibilidades e caracaterísticas individuais do alumnado.
|
Oferta educativa |
|