Skip to Content

EBO Nivel 1

Educación Básica Obrigatoria Nivel 1

O CEE Terra de Ferrol conta cun grupo de alumnado moi heteroxéneo, cunhas necesidades tan específicas coma diversas, con diferentes grados de afectación e unha gran variabilidade de realidades persoais. A resposta educativa ás necesidades dos nosos alumnos/as caracterízase por unha gran amplitude, flexibilidade e individualidade. 

 

ESTRUCTURACIÓN PEDAGÓXICA E CURRICULAR

 

Trátase dunha estructuración por niveis, establecida segundo un estudio e avaliación moi rigurosos, seguindo unha serie de criterios que obedecen a ítems relativos á idade, nivel de afectación, grado de autonomía, socialización e comunicación, así como ao nivel de competencia curricular.

A proposta curricular para o noso alumnado parte do Currículum Oficial e da Concreción Curricular do Centro. Partindo sempre da singularidade inherente á diversidade, os diferentes niveis demandan unha resposta curricular específica en determinadas áreas ou aprendizaxes.

 

NIVEL 1

Estructuración Pedagóxica Estructuración Curricular

6 aulas - 6 titores

Afectación profunda e/ou plurideficientes

Centrada prioritariamente nos ámbitos de:

  • Autonomía persoal e social, comunicación e representación
  • Saúde física e nas funcións biolóxicas básicas
  • Estimulación integral
  • Concrecións curriculares de Educación Infantil e Primaria
  • Unidade Sensoriomotriz
Unidade Sensoriomotriz
  • Psicomotricidade
  • Multisensorial
  • Vaso Terapéutico
  • Musicoterapia
  • Audición e Linguaxe

Todo o alumnado de Nivel 1 asitirá a Xantar Lectivo de 13:15 - 14:30

 

 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut