Blogue de Vanesa

Tradescola

Hoxe botamos uns bailes con Tradescola e que ben o pasamos!!

Viva a música tradicional! Grazas por vir, é sempre un pracer contar con vós!

Percuterapia

O pasado luns tivemos sesión doble de percuterapia.

Poidemos desfrutar da Fundación Igualarte, sendo unha experiencia sensorial maravillosa que desperta todos os sentidos co seu conto.

E, ademais, tivemos a sorte de ter con nós Percuterapia facendo que o comezo de semana fose moi divertido e motivador!

Arde Lucus

O Arde Lucus chegou ao Santa María!!

Hoxe desfrutamos da celebración e da visita ao campamento da Garda Mariana por parte da Garda Pretoriana.

Tivemos desfilem vodas, comidola, baile... e festa! Moita festa!!!

Florecendo

Todo o cole participa no programa Lanzadeiras coa miniempresa Florecendo.

Eduemprende e a Fundacion Alcoa fan posible que este proxecto poda saír adiante e que o noso alumnado se convirta en emprendedor vivindo unha experiencia única e cargada de moitos aprendizaxes.

Botade un ollo ao traballo que está en marcha!

Agrupamentos lectores de maio

Os agrupamentos lectores chegan ao seu fin.

Aquí vos amosamos o das aulas 3, 5 e Xardinaría máis o das aulas 14, 8 e Peiteado.

Traballaron contos relacionados coas emocións, tantas emocións como temos nós ao estar a piques de rematar o curso: felicidade, tristeza... moitas emocións xuntas!

Día do Medio Ambiente

Hoxe é o día do medio ambiente e o sábado o día dos océanos , o alumnado de Programas Formativos e algunhas aulas crearon un océano moi especial, e  prepararon un conto  para conmemorar ambos días, isto serviunos para concienciarnos da importancia que ten a reciclaxe e tamén manter limpo o mar e a natureza, despois da contada limpamos o noso océano particular de plásticos e papéis, e agasallouse a cada aula con un abrazo para as árbores do centro, pronto veredes que bonitos e especiais os fixeron!!

Día mundial da reciclaxe

O 17 de maio foi o Día da reciclaxe, e así estiveron traballando nalgunha das aulas.

Aprenderon a reciclar e incluso algunha fixo ata papel reciclado!

Gran traballo rapazada!