Blogue de Vanesa

Vendimia no Santa María

Así celebramos a vendimia no cole!!!, pasámolo en grande, recollimos uvas, tocámolas, aplastámolas... e ata bebimos zume!!!, pola cara de William creo que estaba delicioso!!!

 

Los latidos de Yago

Hoxe é o día das persoas con Parálise Cerebral e as profes Alba e Mónica xunto con Salo, Diego, Sara, Ashley, María, Lucía e Nerea, adaptaron este fermoso conto "Os latidos de Iago" para conmemorar este día!

Precioso traballo que Mérida quere compartir con todos vós!!

Emprega - t Fest

O alumnado de peiteado visitou o Emprega-t Fest: un evento organizado polo concello, no cal puideron coñecer diferentes empresas lucenses, as actividades que desempeñan e as oportunidades laborais que ofertan. Foi unha oportunidade para ir mergullando ao alumnado no mundo laboral.

Día do chocolate

O venres 13 de setembro foi o Día do chocolate.

Mmmm... como nos gusta neste cole!! E, as aulas 1,3 15 e 7 aproveitamos a ocasión.

Traballamos cun conto adaptado "Gústame o chocolate" e fixemos diferentes actividades, como contar un montón de pepitas de chocolate, facer brochetas de froita bañadas en chocolate... que, por certo, estaban deliciosas!

 

As abellas

As aulas 1, 3 e 7 levamos a cabo un proxecto das abellas no que aprendimos como é o seu proceso, que tipos de abellas hai, en onde viven, a que se adican...

Ademais, recollemos as flores das que collen polen para velo ben de cerca e probamos a mel que elas fan, estaba boísima!

Noite meiga no Santa María

Parte do alumnado do Santa María adiantouse á Noite Meiga para ter moi boa sorte e sacar todo o malo!

Desfrutaron da fogueira, na cal pediron moitos desexos que serán cumpridos; merendaron ao carón dela e logo saltámola todos xuntos!

Non esquecimos, aínda que non fora á mañá seguinte, lavar a nosa cara con flores.

Mirade que ben o pasamos!

Está a piques de chegar o verán

O curso está a piques de rematar e chega a entrada do verán!

Hoxe, as aulas 1 e 3, indagaron nunha instalación de verán desfrutando do mar o máis cerca posible!

Metemos as mans en auga fresquiña, tocamos e xogamos coa area da praia, puxémonos as nosas mellores galas cos gorros e as gafas, preparamos o donut para aguantarnos ben no mar... e ata botamos crema solar!

Ademais, no verán despois da praia sempre se desfrutou de algo de festa e uns granizados ben ricos! Probamos uns riquísimos e bailamos un montón!