Dinamización da lingua galega

Noite meiga no Santa María

Parte do alumnado do Santa María adiantouse á Noite Meiga para ter moi boa sorte e sacar todo o malo!

Desfrutaron da fogueira, na cal pediron moitos desexos que serán cumpridos; merendaron ao carón dela e logo saltámola todos xuntos!

Non esquecimos, aínda que non fora á mañá seguinte, lavar a nosa cara con flores.

Mirade que ben o pasamos!

Tradescola

Hoxe botamos uns bailes con Tradescola e que ben o pasamos!!

Viva a música tradicional! Grazas por vir, é sempre un pracer contar con vós!

Pedro e o lobo

O alumnado da residencia escolar asistiu ao Auditorio Gustavo Freire para asistir as actuacións do Conservatorio de Música e Danza de Lugo. Representaron o conto de Pedro e o lobo. Disfrutamos moito da actuación e estamos encantados de ser invitados.

Letras Galegas 2024

A semana das Letras Galegas foi intensa e fixemos unha morea de cousas: 

veu a visitarnos o alumnado do CEIP Illa Verde, fíxonos dúas obras de teatro e desfrutamos dunha chocolatada e duns xogos adaptados todos xuntos. Tamén traballamos diferentes refráns galegos e deixamos un mural ben bonito. Ademais, preparamos unha exposición sobre Luísa Villalta, na que colgamos as chaves dos nosos recordos en relación ao libro desta autora conmemorada "As chaves do tempo". E, por último e non menos importante, tivemos unha romería semellando os diferentes oficios galegos, desfrutamos de Os Xardois coa súa música tradicional galega e a visita das nosas familias.

Desfrutamos moito e aprendimos un montón de cousas!

Botade un ollo!

Correlingua

Este mércores 8 de Maio asistimos ao Correlingua na Plaza de Santa María de Lugo. Algúns de nós fixemos unha camiñata ao longo da Muralla e de diferentes calles de Lugo e outros, quedamos a merendar para coller forzas.

Logo, estivos no concerto de Cuarta Xusta, un grupo de rock que é unha pasada! Desfrutamos e bailamos un montón!

Botade un ollo e escoitade algunhas cancións deste grupo, estamos seguros de que vos gustarán!

Tamén, parte do cole foi a desfrutar dunha mañá soleada á Praza de Augas Ferreas e, polo que nos contaron, pasárono xenial!

DENDE AQUÍ ATE ACOLÁ, GALEGO XA!

 

 

Día das Artes Galegas

Co remate deste mes, deixámosvos un pequeno vídeo do que fixemos para conmemorar o Día das Artes Galegas, que este ano foi conmemorado o gran Fracisco Asorey. 

Fumos de visita á Fundación Abanca a ver unha exposición relacionada con esta conmemoración xa que se trataba de García Gesto, un pintor lucense. Visitamos a exposición e fixemos diferentes actividades e talleres. 

Ademais, algunhas aulas do cole tamén representaron a Francisco Asorey, semellando escultores e adicámonos a traballar as partes do corpo.

 

Concerto de Paco Nogueiras

O venres 22 coa finalización do trimestre, a Deputación de Lugo axudounos a traer ao noso centro a Paco Nogueiras.

Que ben o pasamos! Bailamos e cantamos sen parar, foi un concertazo!

Desfrutamos moito todos xuntos como despedida ata a volta de vacacións!

Día das cadeiras de rodas

O día 1 de marzo foi o Día das cadeiras de rodas. Desde o noso cole queremos visibilizar o emprego da cadeira de rodas para que se eliminen todas as barreiras arquitectónicas e as persoas que a necesiten podan acceder a todos os lugares sin sentirse sereas fora do mar.

Ademais, no cole estivemos aprendendo a xogar á boccia, que é un xogo adaptado paralímpico moi divertido e que se parece moito á petanca; practicamos nas clases de Educación Física e xogamos no tempo de recreo.

Algúns de nós, tivemos a posibilidade de desfrutar o venres pola maña en Cogami. Fumos as aulas 1, 3 e 8. Xogamos á boccia entre os usuarios de Cogami e nós e logo, puxéronnos unha merenda ben rica para repoñer forzas. Moitas gracias pola invitación e por facernos desfrutar tanto! 

 

Imitando a Arcimboldo

O mes de Febreiro é o mes do Entroido así que unimos esta conmemoración xunto co PDI da biblioteca da horta. 
Fixemos diferentes màscaras con elementos da natureza, froitas e verduras.

Ademais, deixámosvos un poema en galego acerca de Arcimboldo.

Botade un ollo, vaivos encantar.

 

Día de Rosalía De Castro

Hoxe é o Día de Rosalía de Castro, escritora da nosa terra.

Para celebralo, Alexandra do Programa Formativo de Peiteado, fíxonos un vídeo con información sobre Rosalía que é moi interesante!

Ademais, o alumnado do centro, representou o poema "Parece unha rosa" e, prepararon unhas rosas fermosas que hoxe lle levaron a Rosalía ao longo da mañá.

Botade un ollo, xa veredes que bonito fixeron todo!