Dinamización da lingua galega

GLU, GLU, GLU NO FONDO DO MAR

As aulas 4, 5 e 7 fixéronnos un conto coa temática do calendario Estiño deste ano que é o MAR.

LEMBRANDO A ROSALÍA

 

Outro rinconciño no noso centro adicado a Rosalía:

DÍA DE ROSALÍA

O 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía con varias actividades. Os rapaces de peiteado e xardinaría leron poemas da escritora, traballouse co libro Rosalía pequeniña, prantáronse pensamentos pois era a flor preferida de Rosalía e os rapaces decoraron o seu retrato que puxemos nun corcho do noso centro.

Lembrando a Castelao

Lembramos a figura de Castelao con varios traballos que elaboraron os nosos rapaces. Ben o merece o noso Castelao!

 

CHEGOU O NADAL

Recibimos a visita de Mamá Noel, escribímoslle a carta, tomamos chocolate e fixemos un mercadillo de Nadal. Bo Nadal a todos!

PALABRA DO ANO 2022

Gústanvos estas palabras? A nós moito e por iso as escollimos como as nosas palabras do ano 2022.

ENTONCES QUEN?

Para concienciarnos sobre a necesidade da eliminación da violencia contra a muller, o  25-N fixemos, entre outras actividades, a realización dun mural no que participamos todas as aulas do centro.

CORRELINGUA 2022

Asistimos o día 19 de outubro á festa do Correlingua no Auditoria Gustavo Freire. Nela bailamos arreo co concerto de PAULIÑA, unha rapaza que compón en galego e toca música rock coa súa banda. 

E como di o logo da festa: FÁLAME!