Dinamización da lingua galega

Imitando a Arcimboldo

O mes de Febreiro é o mes do Entroido así que unimos esta conmemoración xunto co PDI da biblioteca da horta. 
Fixemos diferentes màscaras con elementos da natureza, froitas e verduras.

Ademais, deixámosvos un poema en galego acerca de Arcimboldo.

Botade un ollo, vaivos encantar.

 

Día de Rosalía De Castro

Hoxe é o Día de Rosalía de Castro, escritora da nosa terra.

Para celebralo, Alexandra do Programa Formativo de Peiteado, fíxonos un vídeo con información sobre Rosalía que é moi interesante!

Ademais, o alumnado do centro, representou o poema "Parece unha rosa" e, prepararon unhas rosas fermosas que hoxe lle levaron a Rosalía ao longo da mañá.

Botade un ollo, xa veredes que bonito fixeron todo!

 

As máscaras de X.M. Seixas

O venres tivemos a visita de X.M. Seixas. Un artista que coñece o Entroido de Galicia de punta a rabo, todas as súas características.

Tróuxonos un montón de máscaras feitas por él mesmo a man e contounos un pouquiño de cada unha delas, son obras de arte!

Botade un ollo, xa veredes como vos gustan!

Ilustramos pola paz

Os equipos de Dinamización da Lingua Galega xunto co Equipo de Biblioteca organizaron a seguinte actividade.

Hoxe conmemoramos o Día da Paz pero tamén o Día da Ilustración, é por iso que quixemos facer unha pequena homenaxe aos ILUSTRADORES GALEGOS, facendo un guiño ás súas obras relacionadas coa Paz, co Respeto e coa Convivencia, con esta exposición nun dos corredores do centro, ao que invitamos ás familias e amizades. 

Agardamos que vos guste!

Proxecto Total Social 2024

A empresa Total Sport, fixo por segundo ano consecutivo o proxecto chamado Proxecto Total Social.

Este ano visitounos no noso centro as persoas que realizan a actividade de pilates no Concello de Outeiro de Rei e a Asociación Aspalu.

Tomamos unha merenda todos xuntos, fixemos a sesión de pilates e logo coñeceron o noso centro.

Gracias pola experiencia a todos/as os que participasteis en esta actividade, desfrutamos un montón!

Esperámosvos de novo cos brazos abertos!

Semana da Ciencia en Galego

Boas!!

Esta semana foi a Semana da Ciencia en Galego e nos recreos adicámonos a facer diferentes exeperimentos:

- Por que flotamos na auga do mar?

- Como se condensa a auga nas nubes e logo chove?

- A solubilidade nos nosos debuxos.

Ademais, tivemos un científico especial, Dani da Aula 9, increíble facendo él todos os robots e explicándolle ao alumnado o seu funcionamento.

O alumnado quedou abraiado con todo o que fixeron e observaron!

Votade un vistazo e quedade abraiados de todo o que traballan!

Taller de Olería

Boas!

Hoxe estivemos a facer un taller de olería relacionado coa temática deste ano do Calendario Estiño.

O taller foi impartido no centro por Teresa de @telarete_ceramic que dispón de taller de cerámica en Lugo, a quen lle estamos moi agradecid@s polo seu traballo e cariño.

Encantounos a experiencia, aprendimos un montón e temos unhas macetas ben bonitas!

 

Día da Parálise Cerebral

Boas!!

Hoxe é o Día da Parálise Cerebral e estivemos de celebración no cole. Empregamos o lema de Aspace, que pretende fomentar a atención temperá: #HeNacidoParaVivirLaVida. 

Esperamos que vos guste o noso traballo! Todos/as temos a alguén no noso corazón.

Día das Linguas

Boas de novo!

Comezou o curso e chegamos coas pilas cargadas. 

Hoxe é o Día das Linguas, así que nos puxemos man á obra e estivemos a traballar os saúdos en diferentes linguas. Cada aula fixo un saúdo coa súa grafía e decoración e ubicouno no mapa.

Ademais, cada un deles tamén está escrito en Braille, ten o seu pictograma correspondente, o seu xesto na Lingua de Signos e se tocan o pulsador, poderán escoitar como soa. 

Cando veñades polo centro poderemos saudarvos de moitas formas!

 

AS NOSAS LETRAS

Este ano o Día das Letras Galegas estivo adicado a Francisco Fernández del Riego e para coñecer mellor a súa labor en prol do galego realizamos diversas actividades e culminamos todo este traballo festexando este día cunha romaría na que o pasamos en grande.