Blogue de Vanesa

As abellas

As aulas 1, 3 e 7 levamos a cabo un proxecto das abellas no que aprendimos como é o seu proceso, que tipos de abellas hai, en onde viven, a que se adican...

Ademais, recollemos as flores das que collen polen para velo ben de cerca e probamos a mel que elas fan, estaba boísima!

Noite meiga no Santa María

Parte do alumnado do Santa María adiantouse á Noite Meiga para ter moi boa sorte e sacar todo o malo!

Desfrutaron da fogueira, na cal pediron moitos desexos que serán cumpridos; merendaron ao carón dela e logo saltámola todos xuntos!

Non esquecimos, aínda que non fora á mañá seguinte, lavar a nosa cara con flores.

Mirade que ben o pasamos!

Está a piques de chegar o verán

O curso está a piques de rematar e chega a entrada do verán!

Hoxe, as aulas 1 e 3, indagaron nunha instalación de verán desfrutando do mar o máis cerca posible!

Metemos as mans en auga fresquiña, tocamos e xogamos coa area da praia, puxémonos as nosas mellores galas cos gorros e as gafas, preparamos o donut para aguantarnos ben no mar... e ata botamos crema solar!

Ademais, no verán despois da praia sempre se desfrutou de algo de festa e uns granizados ben ricos! Probamos uns riquísimos e bailamos un montón!

 

Smile Club

Xa queda pouco para o verán e xa empezamos a ter morriña e botarnos de menos... que levante a man quen non quere que remate o cole!!!.

No Santa Maria pasamolo tan ben que non queremos que se acabe!!!

Estes días estamos facendo xogos e actividades todos xuntos aprobeitando o tempo cos amigXs!!!

Día do vento

A semana pasada foi o día do vento e así de ben o traballaron nas aulas esta semana!!!

Que o vento vos leve a cumplir todos os vosos soños!!!

Viva as uñas de cores!

Onte representantes do alumnaso de PF de Peiteado foron ao @ceipillaverde a contar "Vivanlas uñas de Colores", a ensinarlles parte do seu traballo como futur@s peluquerXs, e que as uñas de cores son de nenos e de nenas!!!,

TodXs quixeron pintar as uñas de cores e pasamos un ratiño moi feliz todXs xuntos!!!, gracias por convidarnos!!!

Abrazamos as árbores

O Día do Medioambiente ademais de limpar o noso océano, démoslle moitas apertas as árbores do cole!!

Mirade que bonitas quedaron!