Blogue de Vanesa

Obradoiro coa Queixería Conchy

Este venres 20 de Xaneiro tivemos unha visita especial ao noso centro. Veu Gemma da Queixería Conchy de Friol a facer un obradoiro.

Ensinounos a facer uns queixos riquísimos e por suposto, que temos uns gandeiros e gandeiras no cole que son increíbles.

Foi todo unha experiencia: ulir, tocar, saborear... e sen dúbida que saíros uns queixos riquísimos.

Animámosvos a probalos!

 

Vivamos como galegos!

Damos a benvida ao novo blogue de mestres gandeiros. 

Como bos gandeiros e gandeiras, vamos a facer un horto escolar e xa estamos postos a traballar. Comezamos a medir e marcar os límites da nosa horta. Iremosvos contando as próximas novidades.

Florecendo

Este ano, estamos inmersos como vos contamos anteriormente nun gran proxecto no que participamos todo o cole.

Florecendo leva un pouquiño de cada un de nós e aquí poderedes ver o proceso para chegar ata onde estamos.

Botade un ollo! Xa veredes que experiencia tan bonita!

O Entroido Ribeirao

Fai unha semana que rematou o entroido e Mérida xa está de volta na biblio.

Pasouno moi ben por Chantada, e ven cargadiña de cousas que contarnos do entroido Ribeirao!!!

Díxonos que os nenos e nenas de infantil do CEIP Xoán de Requeixo lle contaron todo con pelos e sinais, e que a trataron como unha reina!!

Moitas grazas!!!

 

Un copo azul

Comezamos a estación do inverno e esta semana as aulas 1 e 3 estivemos a traballar co conto "Un copo azul".

Escoitamos o conto e logo fixemos diferentes copos de neve: un copo con sal nunha cartolina, un copo con diferntes materiais para colgar nas nosas aulas e posteriormente, fixemos un copo de chocolate.

Están feitos uns grandes cociñeiros/as! os copos estaban boísimos!

A maxia das ciencias

Onte concluimos o mes da Ciencia en Galego (Novembro) disfrutando da visita de Jose Antonio Godoy e David Méndez que nos acercaron á ciencia a través da maxia, vivimos unha xornada moi especial chea de ilusión e moitos momentos máxicos, que nos deixaron boquiabertos a todos e todas!!! 

Gracias pola visita e por ensinarnos que quen cree na maxia está destinado a atopala!!

Nós atopámola nas ciencias con vós.

Cociñando na Biblio

Boas!!

O venres pasado, as aulas 4, 5 e 6 fixemos na nosa biblio do cole un biscoito para aproveitar os ovos que poñen as nosas pitiñas. Non vexades cantos dan e que merendas máis ricas temos! A biblio danos para facer moitas cousas.

Ademais, era o cumple de un dos nosos chicos, así que aproveitamos a soprar as velas con él e facer unha merendola todos xuntos para celebralo!