O Entroido Ribeirao

Fai unha semana que rematou o entroido e Mérida xa está de volta na biblio.

Pasouno moi ben por Chantada, e ven cargadiña de cousas que contarnos do entroido Ribeirao!!!

Díxonos que os nenos e nenas de infantil do CEIP Xoán de Requeixo lle contaron todo con pelos e sinais, e que a trataron como unha reina!!

Moitas grazas!!!