Blogues

Semana da Ciencia en Galego

Esta semana celebrouse a Semana da Ciencia en Galego e nós, como estamos a traballar coas flores, decidimos experimentar con elas!

Vimos como cambiaba a súa cor, fixemos botellas sensorias como un montón de flores, experimentamos coa cromatografía.

Botade un ollo, que veredes que bos científicos somos!

Dende o Santa María para Valencia

Dende o CEE Santa María de Lugo tamén queremos axudar a todas aquelas persoas afectadas pola DANA. 

Moito ánimo Valencia, estamos con vós!!

Recomendacións lectoras de Novembro

E chega Novembro, o mes da música na biblio!

Aquí tedes as recomendacións lectoras deste mes!

Desfrutádeas moito!!

Calendario Estiño

Estes días tamén estivemos a traballar no Calendario Estiño facendo as nosas propostas.

Para iso, primeiro traballamos sobre os zoqueiros e as zocas e logo, fixemos as nosas creacións.

Veremos que bonito queda este ano o Calendario coa temática da Feira!

Agrupamentos lectores de Outubro

Comezan os agrupamentos lectores de Mérida de este curso!!

Este mes dedicámonos a traballar sobre o Outono e o Samaín.

Botade un ollo e veredes que as aulas 3, 7, 8, 6, 4, 15, Xardi e Pelu estiveron a traballar contos moi chulos e fixeron actividades moi bonitas!

 

Corredor de Samain

Este martes comezamos a celebrar o Samaín no cole e desfrutamos dun corredor super chulo no que tiñamos que facer unha búsqueda do tesouro a través de terroríficas probas: facer unha catrina na mesa de luz, preparar unha calabaza con diferentes materiais, facer pezas con bruxas e outros elementos, facer unha pócema, resolver adiviñanzas e ata dicir un trabalinguas!

Unha vez superadas todas as probas conseguíamos unha peza para facer entre todos unha catrina xigante!

Samain

Este mércores celebramos o Samaín no cole!

Maquillámonos grazas ao alumnado de Peiteado que fixeron auténticas virguerías! Mira de que guapos/as quedamos todos!!

Logo tivemos unha boa festa na que merendams terrorífiamente, bailamos e desfrutamos un montón!

Foi unha festa terroríficamente divertida!