Blogue de Vanesa

Rescatando o Nadal con Elf

O Grinch pasou polas nosas aulas e roubounos a nosa decoración de Nadal.

Como ben sabedes, odia o Nadal e estivo espiándonos todos estos días.

Pero... gracias ao elfo e a todo o noso traballo, superamos as probas e volvemos a conseguir que o Nadal estivese presente no cole.

Contacontos de Nadal

Hoxe a profe Alba achegounos a maxia do Nadal a través dos contos.

Pasámolo xenial, tivemos un taller sensorial e unhas actividades moi chulas!

Gracias pola túa visita e por mergullarnos nunhas historias tan bonitas.

 

Proxecto Total Social 2024

Este ano temos a sorte de participar de novo no Proxecto Total Social. O ano pasado participamos cunha actividade de yoga na que o pasamos xenial.

É o segundo ano que poñen en marcha este proxecto e, saíndo tan ben de primeiras, como vai a saír de segundas? Increíble vai ser!

Moitas gracias por contar con nós!

A vós.. contarémosvos que faremos este ano!

Día das Montañas

 

Hoxe é o Día das Montañas e para celebralo contamos o conto de "O apalpador" aproveitando as datas nas que estamos. O Apalpador baixa das montañas do Caurel a deixarnos os agasallos.

Fixemos un camiño sensorial pola montaña e atopamos: pedras, paus, follas, castañas, noces, landras, terra, auga... un montón de cousas!

Ademais, pintamos unhas montañas facendo as montañas do CEE Santa María.

Mirade a ver que vos parece a nosa experiencia!

Día da Discapacidade - Sensibilízate

Boas!

Como ben sabedes, hoxe é o Día da Discapacidade. Por este motivo, o venres fixemos unha xornada de sensibilización xunto co CEIP Illa Verde. 

Tíñamos 5 stands diferentes nos que en cada un deles o alumnado facía unha actividade para simular como nos sentimos con dificultades na audición, na visión, na motricidade, etc. Ademais, puidemos probar todos xuntos os diferentes recursos cos que contamos no cole e todos aqueles que nos prestaron as asociacións. Non vexades como desfrutaron!!

Tamén deixamos a nosa man marcada nun mural precioso no que TODOS/AS ESTAMOS INCLUÍDOS e, tivemos unha merenda moi rica con un chocolate ben quentiño.

Estamos deseando facer unha xuntanza de novo! Desfrutaron moito todos xuntos compartindo un momento tan bonito!

Gracias a todo o CEIP Illa Verde por virnos a facer unha visita, tedes as portas abertas cando queirades e, moitas gracias tamén, a todas as Asociacións que colaboraron con nós para desfrutar deste día.

Investigamos flora e fauna

Boas!!

As aulas 1, 3 e 4 fixemos unha pequena investigación sobre a flaura e os animais.

Primeiro vimos uns vídeos sobre os animais que existen e distintas flores, así como as súas partes.

Despois fixemos diferentes actividades: para comezar fixemos unha actividade sensorial, creando mini mundos sobre diferentes animais; logo tivemos que diferenciar que imaxes eran plantas ou animais e, por último, distinguimos animais domésticos e animais salvaxes. 

Desfrutaron un montón aprendendo tantas cousas!

#RetoInvestigamos do mes de Novembro

Visita a Milhulloa

Boas!!

Esta semana foron de visita a Milhulloa o alumnado de programas formativos e algunhas aulas.

Chegaron encantados ao cole, foi unha experiencia sensorial xenial e fixeron sales de baño. Tamén probaron algo para picar, que polo que nos contaban, tamén lles encantou!

Ademais, fixeron unha parada no Castelo de Pambre e desfrutaron dun entorno natural inmellorable.

Gracias ás chicas de Milhulloa pola súa acollida, cariño e pola experiencia que nos brindaron.