Escolares

Día da Discapacidade - Sensibilízate

Boas!

Como ben sabedes, hoxe é o Día da Discapacidade. Por este motivo, o venres fixemos unha xornada de sensibilización xunto co CEIP Illa Verde. 

Tíñamos 5 stands diferentes nos que en cada un deles o alumnado facía unha actividade para simular como nos sentimos con dificultades na audición, na visión, na motricidade, etc. Ademais, puidemos probar todos xuntos os diferentes recursos cos que contamos no cole e todos aqueles que nos prestaron as asociacións. Non vexades como desfrutaron!!

Tamén deixamos a nosa man marcada nun mural precioso no que TODOS/AS ESTAMOS INCLUÍDOS e, tivemos unha merenda moi rica con un chocolate ben quentiño.

Estamos deseando facer unha xuntanza de novo! Desfrutaron moito todos xuntos compartindo un momento tan bonito!

Gracias a todo o CEIP Illa Verde por virnos a facer unha visita, tedes as portas abertas cando queirades e, moitas gracias tamén, a todas as Asociacións que colaboraron con nós para desfrutar deste día.

Logotipo do noso centro

Estimadas familias:

Gustaríanos que participedes nesta enquisa para decidir a nosa seña de identidade, o logotipo do centro. Cada un dos diseños presentados foron creados polo alumnado do centro. Animádevos a participar e moitas grazas pola vosa colaboración.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfD4Knf-DKOTszTu8oNsTQw4R1zz1qJ...

TALLER ESCOLA IMAXINADA.

Hoxe no CEE Santa María recibimos a visita de Salvador Cidrás e Vicente Blanco, mestres de maxisterio e creadores do blogue educativo Escola Imaxinada. Viñeron acompañados dun grupo de alumando da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo para presentarnos 3 propostas diferentes:

No primeiro espazo, propuxeronos experimentar con diferentes texturas sobre unha gran superficie de papel.

 

A segunda proposta consistía na construción dunha cidade por medio de bloques de madeira e o seu posterior trazado das calles, rotondas e avenidas.

 

E unha última proposta, na que nos invitaron a usar unha imprenta coa que plasmamos os noso nome e creamos os nosos autoretratos.

 

 

 

Samaín

Hoxe celebramos no centro o Samaín, con pintacaras, disfraces, paso do terror, chuches terroríficas, brebaxes, probas arrepiantes e moito moito medo divertido.

 

Plan Director.

Neste curso seguimos a participar no Plan Director. O 19 de outubro contamos coa visita da Policía que nos deu unha charla sobre ciberseguridade. 

 

Visita ao MIHL.

Esta semana os alumnos do cole visitaron a exposición " A revolta dos cliks" no Museo Interactivo da Historia de Lugo. Pasárono en grande.