Hoxe no CEE Santa María recibimos a visita de Salvador Cidrás e Vicente Blanco, mestres de maxisterio e creadores do blogue educativo Escola Imaxinada. Viñeron acompañados dun grupo de alumando da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo para presentarnos 3 propostas diferentes:
No primeiro espazo, propuxeronos experimentar con diferentes texturas sobre unha gran superficie de papel.
A segunda proposta consistía na construción dunha cidade por medio de bloques de madeira e o seu posterior trazado das calles, rotondas e avenidas.
E unha última proposta, na que nos invitaron a usar unha imprenta coa que plasmamos os noso nome e creamos os nosos autoretratos.