Blogue de admin

Pedro e o lobo

O alumnado da residencia escolar asistiu ao Auditorio Gustavo Freire para asistir as actuacións do Conservatorio de Música e Danza de Lugo. Representaron o conto de Pedro e o lobo. Disfrutamos moito da actuación e estamos encantados de ser invitados.

DIA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Ao monstro do bullyng calámolo entre todos!!!, ese foi o lema que escollimos para dar visibilidade no día contra o Acoso Escolar, fixemos xogos nos que nos axudamos uns aos outros, con eles conseguimos Empatía, Respeto, Amizade, Inclusión... desfrutamos da xornada e coas palabras máxicas conseguimos calar ao monstro do Acoso Escolar!!!

Visitas e acollemento no centro dos alumnos do CIFP Politécnico.

Esta semana tivemos a visita do alumnado do CIFP O Politécnico de Lugo, da rama de Integración Social. O noso alumnado de peiteado e xardinaría ensináronlles o noso centro e explicaron como traballamos no mesmo. Foi unha experiencia moi integradora.

OCIOTECA DE VERÁN

Proxectos sociais con Total Sport

Total Sport é unha empresa de ocio e tempo libre que contou conosco para poñer en práctica un proxecto social innovador e no que ten enconta a todas aquelas asociacións e centros que estamos a traballar con persoas con diversidade funcional. Estamos superorgullosos de participar en dito proxecto, e de que o noso centro educativo fose un dos escollidos para dar difusión a inclusión que promove dito proxecto. Grazas a Total Sport por contar coa nosa colaboración e por ofertarnos actividades que faran un pouco máis motivadora a nosa andaina. 

Hoxe acudimos a presentación do proxecto coordinado pola mestra do centro Vanesa. Os alumnos disfrutarán moito de este proxecto e das actividades que nos ofertan.

 

 

Logotipo do noso centro

Estimadas familias:

Gustaríanos que participedes nesta enquisa para decidir a nosa seña de identidade, o logotipo do centro. Cada un dos diseños presentados foron creados polo alumnado do centro. Animádevos a participar e moitas grazas pola vosa colaboración.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfD4Knf-DKOTszTu8oNsTQw4R1zz1qJ...