Blogue de admin

Comezamos o curso 2022-2023

Comezamos o curso o día 8 de setembro con un pequeno acto de presentación no salón de actos, para coñecernos e ter unha primeira toma de contacto entre o alumnado, os mestres e persoal do centro. Disfrutamos de un primer encontro que nos permitiu coñecernos un pouquiño mellor dun xeito ameno e acolledor.

VISITA DO XOGADOR DE BALONCESTO CARLOS NOGUEROL

O día 9 de xuño tivemos a visita dun xogador de baloncesto profesional, Carlos Noguerol, irmán da nosa intérprete, Nerea. Gracias pola visita e a colaboración.

ACTUACIÓN DE CARLOS QUINTÁ

O día 8 de xuño veu ao noso centro Carlos Quintá a ofrecernos unha actuación musical que bailamos e pasámolo en grande.

FESTA DO ARDE LUCUS

No noso centro celebramos o ARDE LUCUS e contamos coa colaboración desinteresada de compoñentes da Garda Pretoriana. Gracias pola colaboración.

 

 

RECEPCIÓN MESAS ADAPTADAS

Acabamos de recibir no centro dúas mesas adaptadas para o noso alumnado elaboradas polo IES de Melide e o  CIFP Politécnico de Lugo. Estas mesas son o froito da colaboracion con estes centros e un proxecto de innovación educativa.

Gracias pola oportunidade que nos ofreceron estes dous centros e gracias tamén a todas as persoas que traballaron neste proxecto.

Esta noticia aparece no Progreso e pódese ver neste enlace

 

 

 

 

 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2022-2023

Xa está disponible o calendario escolar para o curso 2022-2023 

As clases comezan en todas as ensinanzas impartidas no centro o día 8 de setembro e rematan o 21 de xuño de 2023.

VACACIÓNS

Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2022/23 serán os seguintes:

– Nadal: desde o día 23 de decembro de 2022 ata o día 6 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.

– Entroido: os días 20, 21 e 22 de febreiro de 2023.

– Semana Santa: desde o día 3 ata o día 10 de abril de 2023, ambos inclusive.

- Día do ensino. 31 de outubro.

ENLACE AO DOG 

 

FPBásicaSkills 2022

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca o 1º Campionato Galego de Formación Profesional Básica, FPBásicaSkills Galicia 2022, destinado a alumnado de FP Básica e de Programas Formativos.

Organizado pola Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, FPBásicaSkills Galicia 2022 ten como obxectivo darlle unha maior proxección e difusión aos ciclos de formación profesional básica e programas formativos que se imparten en Galicia.

Este é un campionato eminentemente práctico, que consistirá no desenvolvemento de competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional básica e programas formativos, nas que o alumnado participante medirá as súas destrezas e demostrará as súas capacidades na realización das correspondentes probas.

Varios dos nosos alumnos do programa formativo de xardinería e viveirismo participan neste evento.

http://www.edu.xunta.gal/fp/fpbasicaskills-competicions-2022

Sorte a todos e todas.