Blogue de admin

BECAS PARA ALUMNADO CON NEE CURSO 2022-2023

Abriuse o prazo de solicitude de becas para alumnado con NEE para o curso 2022-2023.

PRAZO DE SOLICITUDE: 19-05-2022 ATA 30-09-2022

TODA A INFORMACIÓN NESTE ENLACE

 Xa poden contactar  co centro no 982829220 e solicitar  cita co noso orientador que os asesorará e axudarará neste trámite.

 

 

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2022/23

Normativa: Orde do 29 de maio de 2022 (DOG 18/05/2022

Prazo de presentación de solicitudes: 19 de maio ao 22 de xuño (ambos incluídos)

Lugar de presentación: Na secretaría do centro ou por vía electrónica empregando os formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galica (https://sede.xunta.gal)

Orde que regula a convocatoria

Extracto da Orde

Documentación a  presentar:

- Anexo I e Anexo II.

-Libro de familia.

- Certificado de discapacidade expedido por órgano que non sexa da Xunta de Galicia.

Farase consulta automática dos seguintes datos:

-DNI ou NIE, renda, percepción de pensión por incapacidade total, absoluta ou grande invalidez e grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia.

Se non se autoriza o acceso a estes datos terán que presentar a documentación.

Familias con máis dun fillo no centro presentarán unha única solicitude salvo que o fagan de forma telemática.

ANEXO I

ANEXO II

SEDE ELECTRONICA XUNTA

APLICACION FONDO LIBROS

O centro axudará a todas a familias a realizar este trámite, como estes cursos pasados.

Poden chamar ao 982829220 e alí dirémoslles día para acudir.

Non retrasen este trámite xa que o centro ten que informatizar e validar todas as peticións.

Gracias pola colaboración.

O director

 

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2022

Estimadas familias:

Aquí poden consultar información que pode ser de interés sobre a convocatoria de campamentos de verán 2022. Poden ver a información no seguinte enlace.

https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/campamentos-de-veran-especificos-para-persoas-con-discapacidade-2022

 

DIA DO LIBRO

Para conmemorar o Día do Libro o noso centro co equipo de biblioteca e de dinamización da lingua galega, estamos a levar a cabo un proxecto bianual co Ceip  Insua Bermúdez de Vilalba.

Este proxecto consiste en compartir un conto en galego contado polo alumando dos centros. Este ano comezou o Ceip Insua Bermúdez preparando o conto "Crocodrilo namorado"  polos nenos e nenas de 1º de EP.

Como o fixeron tan ben compartimos este conto neste enlace.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipantonioinsua/node/913

O curso seguinte será o CEE Santa María o que elaborará e compartirá un conto.

Gracias pola colaboración.

DIRECTRICES USO DA MÁSCARA NOS CENTROS EDUCATIVOS

A Dirección Xeral de saúde pública acaba de publicar unhas directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo, que poden ver no seguinte enlace e documento adxunto.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36790

Nestas directrices indícase o seu uso obrigatorio no transporte escolar .

Uso recomendable en:

- Persoal traballador do centro educativo.

- Alumnado do centro educativo.

- Centros de educacion especial con residencia: 

              - Traballadores.

              - Visitas en zonas compartidas.

- Casos sospeitosos e confirmados de Covid-19 e contactos estreitos de casos.

Lóxicamente quedan exentos destas medidas:

    - Persoas menores de 6 anos.

    - Persoas que presenten difcultade respiratoria ou que pola súa situación de discapacidade ou dependencia non dispoñan de autonomía para quitarse a máscara ou presenten alteracións da conduta que fagan enviable o seu uso.

Gracias pola  colaboración.

Un saúdo.

O director.

Días non lectivos e transporte

Estimadas familias:

Desde o luns día 11 ata o luns día 18 de abril non teremos clase. Volveremos ás aulas o martes día 19 de abril.

Unhas novas empresas comezarán a realizar o transporte desde o día 19 ,menos a empresa Cotá que seguirá realizando a ruta pola cidade de Lugo. Estos días os responsables contactarán con vostedes para concretar detalles das paradas e o centro está en contacto cos transportistas para reducir as posibles incidencias.

Gracias pola súa colaboración. 

Un saúdo.

O director.

DIA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Para celebrar o Dia Mundial da concienciación sobre o autismo elaboramos este vídeo. Gracias a todos e todas pola colaboración