Blogue de admin

Dia Nacional das Linguas de Signos Españolas

Hoxe, 14 de xuño, celébrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas  e persoal do centro elaborou o seguinte vídeo.

FINALIZACIÓN CURSO 2020-2021

Estimadas familias:

O curso 2020-2021 remata o martes día 22 de xuño.

Este día os servizos de comedor escolar e transporte fuicionarán con normalidade. Recorden que a EMPRESA COTÁ SAIRÁ DO CENTRO ÁS 15:15.

Gracias pola súa colaboración neste difícil curso. Reciban un cordial saúdo.

O director

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2021-2022

ORDE do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021-2022 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicía.

ENLACE DOG

- Incorporación ás aulas:  o día 9 de setembro.

- Incorporación ás aulas alumnado de Programas Formativos: 15 de setembro.

- Finalización do curso: 22 de xuño de 2022.

- Os servizos de transporte e comedor funcionarán con normalidade desde o primeiro día lectivo.

VACACIÓNS ESCOLARES

- Nadal: desde o 22 de decembro ata o 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive.

- Entroido: os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo de 2022.

- Semana Santa: desde o día 11 ata o 18 de abril , ambos inclusive.

Ademais das festas de ámbito estatal, son días non  lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.Nos centros en que unha ou dúas festas laborais de carácter local non coicidan con días de clase, o consello escolar do centro poderá solicitar , según proceda, un ou dous días non lectivos, que deberán preverse na programación xeral anual.

HORARIO TRANSPORTE EMPRESA COTÁ

Comunicamos que a empresa COTÁ no mes de xuño ata final de curso saírá do centro ás 15:15. Para que o teñan en conta para agardar nas paradas.

O director

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO.AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR.CURSO 2021/2022

Normativa: Orde do 6 de maio de 2021 ( DOG 20 de maio )

Prazo de presentación: do 21 de maio ata o 22 de xuño.

Lugar de presentación: presencialmente no centro educativo ou vía electrónica empregando os modelos normalizados disponibles na aplicación Fondolibros ( https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) ou na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

ANEXOS I  II

O centro colaborará na presentación das solitudes como tódolos cursos.

CAMPAMENTOS DE VERÁN

Informamos sobre campamentos de verán 2021, poden acceder neste enlace

DÍAS NON LECTIVOS

Estimadas familias:

Os días 17 de 18 de maio non teremos clase. Voltaremos ás aulas o mércores día 19 de maio. Gracias pola súa colaboración. Reciban un cordial saúdo.

O Director