Blogue de Vanesa

O Entroido

O Entroido chegou ao cole e as aulas 1, 3, Xardinaría e Peiteado estiveron a traballar cos contos "É tempo de Entroido" e "É tempo de festa".

Xardinaría e Pieteado fixeron o conto en Lingua de Signos (grazas á axuda das nosas ILSES: Belén e Clara) e as aulas 1 e 3 desfrutaron facendo o conto de xeito sensorial e pintando e decorando unha das máscaras que aparecen nel.

Esperamos que disfrutarades do Entroido tanto coma nós no cole!

As máscaras de X.M. Seixas

O venres tivemos a visita de X.M. Seixas. Un artista que coñece o Entroido de Galicia de punta a rabo, todas as súas características.

Tróuxonos un montón de máscaras feitas por él mesmo a man e contounos un pouquiño de cada unha delas, son obras de arte!

Botade un ollo, xa veredes como vos gustan!

Ilustramos pola paz

Os equipos de Dinamización da Lingua Galega xunto co Equipo de Biblioteca organizaron a seguinte actividade.

Hoxe conmemoramos o Día da Paz pero tamén o Día da Ilustración, é por iso que quixemos facer unha pequena homenaxe aos ILUSTRADORES GALEGOS, facendo un guiño ás súas obras relacionadas coa Paz, co Respeto e coa Convivencia, con esta exposición nun dos corredores do centro, ao que invitamos ás familias e amizades. 

Agardamos que vos guste!

Xirasois pola paz

Unha das actividades do día de hoxe para conmemorar o Día da paz, foi crear un campo de xirasois.

Ademais, plantamos en cada aula o noso e saímos a agasallar macetas con plantas a todos/as os que querían escoitar a nosa mensaxe de paz na rúa.

Os pellets nas nosas costas

As aulas de Peiteado e Xardinaría, 1 e 3 estiveron traballando nun tema de moita actualidade e que nos ten verdadeiramente preocupados, xa que o coidado do noso planeta é moi importante para todos e todas, por iso, o alumnado de Programas Formativos fixo un vídeo explicativo para os seus compañeiros/as, que o viron na biblio para posteriormente aprender a limpar as praias e o noso mar, e para finalizar fixeron un mural que recrea a obra de Leandro Lamkas. 

Gran traballo rapaces, Mérida como animal mariño está moi contenta e orgullosa de vos!!!

 

Proxecto Total Social 2024

A empresa Total Sport, fixo por segundo ano consecutivo o proxecto chamado Proxecto Total Social.

Este ano visitounos no noso centro as persoas que realizan a actividade de pilates no Concello de Outeiro de Rei e a Asociación Aspalu.

Tomamos unha merenda todos xuntos, fixemos a sesión de pilates e logo coñeceron o noso centro.

Gracias pola experiencia a todos/as os que participasteis en esta actividade, desfrutamos un montón!

Esperámosvos de novo cos brazos abertos!

Bo Nadal!

O último día de cole tivemos unha visita especial, Papá Noel!! E unha chocolatada riquísima.

Despois tivemos un mercadillo navideño no que tivemos moitas visitas e o pasamos xenial!

Con isto, comezamos as vacacións e desexamos un...

BO NADAL A TOD@S!!!