Blogue de Vanesa

Día do Pan

Onte foi o día do pan e da alimentación e as aulas 14 e 15, os xirasois, estiveron traballando co conto de Maruxa da editorial OQO. Ademais, fixeron un pan de avena e noces moi saudable e estaba para chuparse os dedos!

Día das persoas sordas

O pasado 26 de setembro foi o Día das persoas xordas e estivemos traballando polas aulas o conto "Lucía alto y claro". 

Sacamos a nosa mellor versión adaptando este conto a Lingua de Señas.

Agardamos que vos guste tanto como a nós!

Chegou o Outono

O alumnado da aula 15 tivo unha contada especial na mesa de luz para coñecer cousas do outono a través do conto "El otoño esta aquí"

As cabazas

A aula 7 comezou a traballar coas cabazas: uliu, tocou, colleu as semillas, ollou as súas partes...

Ademais, traballaron sobre cando se plantaban, cando se recollían, as súas cores, etc.

E, para finalizar, fixeron unhas cabazas de chocolate para a merenda, que estaban boísimas!

Todo isto, a partir do conto "Corre corre, cabaciña" que lles encantou tanto o conto, como a súa canción.

Investigamos sobre as flores

Así de traballadores estivemos no mes de setembro. Non hai reto que se nos resista!

Mérida lanzounos a investigar sobre as flors que escollemos para as nosas aulas e puxémonos mans á obra!!

Aprendemos un montón de cousas interesantes sobre as mesmas e agora.... preparados para o reto de outubro?

San Froilan entre as flores

Lugo está de festa!!

O alumnado festexouno enchendo o pulpo da cidade con flores preciosas elaboradas entre todos!

Feliz San Froilán!

 

Feliz Cumpleanos Mérida!

Onte foi o cumpleanos de Mérida, 6 anos xa!

As aulas 1 e 3 preparon un conto moi bonito sobre o Día da Parálise Cerebral, que foi o día 6 deste mes e a Mérida tanto lle gustou, que quixo compartilo o día do seu aniversario con todos nós.

Ademais, soplamos as velas, cantamos o cumpleanos feliz, comemos todos xuntos tarta e entregámosle os nosos agasallos: un montón de contos!