Mestres gandeiros

Taller con Adega

Boas!

Para finalizar o curso realizamos un taller con Adega para elaborar pasta de dentes ecolóxica. Foi todo unha experiencia sensorial xa que puidemos ulir, saborear, tocar... 

Ademais, estamos conciencados co noso coidado e co coidado do medio ambiente, polo que esta pasta de dentes é libre de plásticos e todo aquilo que levan que non é natural. 

No vídeo deixámosvos unhas receitas para que vos tamén podades elaboralas nas vosas casas e probalas. Se o facedes xa nos contaredes o resultado!

Desexámosvos unhas felices vacacións e que desfrutedes moito do verán, vémonos a volta coas pilas moi cargadas!

A vaca que puxo un ovo

Boas!!

A aula 4 estivo a traballar algún dos animais da granxa, entre eles as vacas. 

Partimos do conto "A vaca que puxo un ovo", mirade que vacas tan chulas fixemos e todo o material que traballamos do conto.

Ademais, non sei se coñecíades o Cowparade, que é unha exhibición internacional que consiste en que artistas locais decoran esculturas de vacas de diferentes formas. Nós fixemos as nosas propias, a ver se vos gustan!

A NOSA TORTILLA

As nosas galiñas están tan contentas que non paran de poñer ovos!!.

Eso motivanos a aprender moitas receitas, esta semana tocoulle o turno à tortilla de patacas e volvimos a convertir a Biblio nunha cociña con grandes Chefs, as aulas 4,5 e 6, buscaron a receita e os utensilios necesarios, pelaron e trocearon as patacas, romperon e bateron os ovos e fixeron unhas tortillas deliciosas para a merenda do recreo!!

             

             

             

             

HORTAS NAS AULAS

Boas!

As aulas 4 e 5 estiveron plantando pequenas hortas nas aulas.

A aula 5 traballou co conto "El huerto" e estiveron plantando diferentes alimentos: albahaca, perexil, cenorias, calabacín, tomates... Estiveron manipulando todas as plantas e sementes, a terra, o abono... 

E, a aula 4, plantou pimentos de padrón. Aproveitaron a tocar todos os materiais necesarios, así que resultou ser unha experiencia sensorial xenial!

Xa vos iremos informando os resultados da plantación!!!

Cociñando...

Boas!!

As nosas pitiñas Maruxa, Cinza e Azucena poñen moitos ovos así que decidimos que os pequenos/as gandeiros/as levasen para a casa un par deles, que fixesen a receta que quixesen e nos enviasen unha foto do seu manjar.

Aquí tedes algúns dos pequenos gandeiros/as que se animaron a cociñar e probar os ovos das súas pitiñas que tan ben coidadas están.

A horta da Sancoveiga

Boas!

Este xoves tivemos a sorte de que nos fixera unha visita ao cole, Anabel, unha muller emprendedora xa que é a primeira muller en ter unha horta ecolóxica.

Anabel é xorda así que a interacción con ela foi todo un aprendizaxe. Ademais, contamos coa axuda de Belén, a nosa intérprete do cole.

Pasamos a mañá plantando en diferentes macetas, ensinounos como preparar o abono, a terra, como colocar as plantas... e plantamos moitos alimentos: tomates, leitugas, remolacha, berenxenas, etc. Nun tempo contarémosvos o rico que está todo!

A familia medra

Boas!!

Traemos noticias polo noso blogue! Esta semana temos un membro novo na familia!

Donáronnos un galo moi bonito para vivir coas nosas galiñas Cinza, Maruxa e Azucena, xa vos contaremos que tal vai indo a convivencia. 

Agora temos que cavilar nun nome!

Investigando...

Boas!

A aula 6 estivo traballando moitísimo. Estiveron mergullados nunha investigación moi interesante sobre os diferentes tipos de ovos que hai, as súas características, o seu peso, o seu tamaño, de que ave proceden...

Aquí vos deixamos unha mostra da información que estiveron traballando!

Casa grande de Xanceda

Boas!

Esta semana fomos de visita á Casa Grande de Xanceda e foi increíblemente ben! 

As chicas que nos atenderon foron encantadoras e ensináronnos todos os animais que teñen, contáronnos como os coidan, puidemos darlles de comer, darlles cariño... unha súper experiencia! Ademais ensináronnos como era a súa produción e probamos os seus queixos e os iogures e, por suposto, estaban boísimos!!

Sen dúbida, recomendámosvos probar todos os alimentos ecolóxicos de Xanceda.

Mirade que ben o pasamos!

Poesía na granxa

O martes 21 de marzo foi o Día da Poesía e a aula 5 foi capaz de crear poesías en relación coa granxa.

Son uns tremendos/as artistas!

Lede que seguro que vos encantan!