A NOSA TORTILLA

As nosas galiñas están tan contentas que non paran de poñer ovos!!.

Eso motivanos a aprender moitas receitas, esta semana tocoulle o turno à tortilla de patacas e volvimos a convertir a Biblio nunha cociña con grandes Chefs, as aulas 4,5 e 6, buscaron a receita e os utensilios necesarios, pelaron e trocearon as patacas, romperon e bateron os ovos e fixeron unhas tortillas deliciosas para a merenda do recreo!!