Boas!
Este xoves tivemos a sorte de que nos fixera unha visita ao cole, Anabel, unha muller emprendedora xa que é a primeira muller en ter unha horta ecolóxica.
Anabel é xorda así que a interacción con ela foi todo un aprendizaxe. Ademais, contamos coa axuda de Belén, a nosa intérprete do cole.
Pasamos a mañá plantando en diferentes macetas, ensinounos como preparar o abono, a terra, como colocar as plantas... e plantamos moitos alimentos: tomates, leitugas, remolacha, berenxenas, etc. Nun tempo contarémosvos o rico que está todo!