Esta semana, veu a Asociación Avimós a facernos unha visita ao cole e a contarnos un pouco sobre as galiñas, canto tardan en nacer os pitiños, como se reproducen... Así que nós, como bos gandeiros e gandeiras teremos que seguir xuntando información sobre os animais da granxa e neste caso, sobre os pitiños e as galiñas. Para iso, poderemos acceder á nosa biblio do cole, onde temos diferentes contos e nos axudará Mérida a buscar a información neles. Podedes ver parte destes contos no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceesantamaria/node/721
Ademais, temos o luxo de que nos deixen prestada unha incubadora e os ovos para criar pitiños que se convertirán en galiñas de Mos! Iremosvos contando a súa evolución e toda a experiencia.
Moitas gracias a Avimós!