Boas!
Esta semana fomos de visita á Casa Grande de Xanceda e foi increíblemente ben!
As chicas que nos atenderon foron encantadoras e ensináronnos todos os animais que teñen, contáronnos como os coidan, puidemos darlles de comer, darlles cariño... unha súper experiencia! Ademais ensináronnos como era a súa produción e probamos os seus queixos e os iogures e, por suposto, estaban boísimos!!
Sen dúbida, recomendámosvos probar todos os alimentos ecolóxicos de Xanceda.
Mirade que ben o pasamos!