Boas!
Para finalizar o curso realizamos un taller con Adega para elaborar pasta de dentes ecolóxica. Foi todo unha experiencia sensorial xa que puidemos ulir, saborear, tocar...
Ademais, estamos conciencados co noso coidado e co coidado do medio ambiente, polo que esta pasta de dentes é libre de plásticos e todo aquilo que levan que non é natural.
No vídeo deixámosvos unhas receitas para que vos tamén podades elaboralas nas vosas casas e probalas. Se o facedes xa nos contaredes o resultado!
Desexámosvos unhas felices vacacións e que desfrutedes moito do verán, vémonos a volta coas pilas moi cargadas!