Durante a semana do Magosto fixemos distintas tarefas: manualidades, xogos e comer castañas asadas. Todo o alumnado do cole participou nas distintas actividades, sempre atendendo o protocolo Covid.
Durante a semana do Magosto fixemos distintas tarefas: manualidades, xogos e comer castañas asadas. Todo o alumnado do cole participou nas distintas actividades, sempre atendendo o protocolo Covid.
Como ben sadedes esta è a semana na que celebramos o Magosto no cole, as protagonistas do magosto son as castañas, que antiguamente eran símbolo dun valor tan preciado como è a AMIZADE, as nenas da Aula 5 decoraron unhas castañas con pintura e meteronas en bolsitas que apareceron por sorpresa ao longo de esta semana polas aulas, para brindar a súa AMIZADE a todos os seus compañeiros do cole.
O 18 de novembro, en colaboración co Equipo de Biblioteca e Actividades Extraescolares, e para seguir a celebrar o Magosto, contamos coa actuación de Paco Nogueiras co seu libro cd Extras!, grazas a rede cultural da Deputación de Lugo. Un gran día de festa no noso centro.
Nesta semana estamos a facer distintas actividades relacionadas co Magosto. Contaremos coa actuación de Paco Nogueiras e faremos un Magosto típico do centro. Durante toda a semana o alumnado está a desfrutar de xogos relacionados coas castañas. Unha das actividades que realizamos foi confeccionar os carteis, por aulas, das regras dos xogos. Quedaron preciosos.
O alumnado de peiteado xunto coa aula 9 preparou un vídeo do traballado na festa do Samaín en Lingua de signos en galego. Esperamos que vos guste.
En colaboración co Equipo de Actividades Extraescolares puidemos disfrutar do contacontos " As aventuras da vieira Migueliña no camiño de Santiago", da Fundación Fundamar e promovida polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega. Ademais do conto contamos cun taller de Origami.
Neste novo curso seguimos a participar no calendario Estiño con outros centros de Lugo. Este ano, o calendario, está adicado á meteoroloxía. Dado que nos contamos cunha estación meteorolóxica, grazas o plan proxecta de meteoescolas, este ano o noso debuxo vai adicado a dita estación, debuxando termómetros e cataventos. Dende o EDLG, preparamos este vídeo coordinado pola mestra Marta Manso, para que disfrutedes dos nosos traballos e as nosas obras de arte. Seguiremos a traballar sobre o proxecto, xunto co equipo de meteoescolas.
Comezamos un novo curso cheo de tarefas e novos proxectos. Ao longo do curso, iremos informando das actividades que fagan os nosos alumnos en colaboración coa Comunidade Educativa; sempre en galego, a nosa lingua. Calquera dúbida, podedes poñervos en contacto con algún membro de este equipo que tamén é voso. E así, comezamos este curso...
Cristina Álvarez Ramos
Milagros Castro Prieto
Sabela Fernández Torres
María Marta Manso Eliz
Lucía Seijas Vázquez
Ángela Paradela Méndez
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2017 |