Skip to Content

Aula 3

Rutinas

Como cada primeira hora da mañá facemos as  rutinas da nosa Asamblea.

-Vemos o noso horario e falamos dos profes que van pasar pola nosa aula.

-Falamos da estación, día, mes, ano no que estamos.

-Falamos de como nos sentimos hoxe (tristes, contentos ou enfadados).

-Recordamos os pasos a seguir para ir ao baño ( levantamos a tapa, baixamos os pantalóns...)

Terapia con animais

Ola familias! Hoxe coma cada dúas semanas recibimos cunha gran alegría as nosas visitas preferidas de cada martes, as nosas terapias con animais Guay

Unión e amizade

Dende fai unhas semanas na aula 3 visitounos un virus. Tanto Lucas, Branyeli como Abraham pasaron varios días enfermiños.

Nesta semana non tivemos nin a Abraham nin a Lucas na aula. Hoxe veu Abraham e inda non se atopaba moi ben. Branyeli sabíao é quixo darlle moitos mimos!

Aprendemos a rodear

Continuamos a aprender moitas cousas! Desta vez tócanos aprender a rodear. Ao principio costábanos un pouco, pero agora xa o facemos nos sós!

Lectoescritura

Continuamos co noso camiño na lectoescritura. Pasiño a pasiño faise o camiño!

Hoxe ademáis iniciámonos no proceso de recortar e pegar!

O Comunicador en alta e baixa tecnoloxía

Ola familias! Na aula 3 xa temos dispoñible o comunicador en baixa tecnoloxía, é dicir, impreso en papel. 

Sérvenos para calqueira circunstancia. Se ao neno se lle olvida de traer o comunicador ao cole, se volvemos facer a actividade da piscina que o leve en papel e en outras máis circunstancias que se nos poden presentar tanto no colexio como dende a casa.

Xa sabedes que o comunicador é a súa voz e teñen sempre que comunicarse!

Distribuir contido


by Dr. Radut