Como ben sabedes Lucas e Branyeli son usuarios de comunicadores. Lucas do Grid 3 e Branyeli do Asterics. E como non pode ser doutro xeito, nas saídas e nas excursións tamén levan os seus comunicadores con eles, posto que son a súa voz!
Tamén ademais de iniciarnos na lectoescritura,coñecer as letras, traballar cos nosos comunicadores que ao final son a nosa voz, gústanos moito traballar os números. De maneira manipulativa como a súa grafía! E sempre tendo en conta os nosos centros de interés, os animais!
Ola familias! Na aula 3 xa estamos inmersos na lectoescritura, por iso esta semana comezamos tamén a preparar fichas sobre a atención e agudeza visual.