Rutinas
Como cada primeira hora da mañá facemos as rutinas da nosa Asamblea.
-Vemos o noso horario e falamos dos profes que van pasar pola nosa aula.
-Falamos da estación, día, mes, ano no que estamos.
-Falamos de como nos sentimos hoxe (tristes, contentos ou enfadados).
-Recordamos os pasos a seguir para ir ao baño ( levantamos a tapa, baixamos os pantalóns...)
Finalmente sempre teñen os seus comunicadores ao alcance, posto que son a súa voz!