Gallego

O inglés en Infantil: Unha porta ao plurilingüismo

A linguaxe ha de ser entendida como unha capacidade que o alumnado debe desenvolver e que debe estar dirixida á comunicación. Por isto, entendemos que, na liña do tratamento integrado das linguas ou do meu primeiro portfolio, tanto a lingua adicional/estranxeira como as linguas ambientais, deben desenvolverse paralelamente nesta etapa, xa que a primeira, segunda e terceira linguas conviven, nútrense e retroaliméntanse nun contexto de completa normalidade.
Para contribuír a mellorar a calidade do ensino nesta etapa educativa, o traballo que aquí presentamos pretende dar resposta a esas dificultades mediante o tratamento de tres aspectos fundamentais:
1) A adquisición da linguaxe e as características do desenvolvemento psicoevolutivo do alumnado de educación infantil, a nivel cognitivo, motor e afectivo.
2) O traballo na etapa de infantil e pautas de colaboración entre o profesorado titor e o profesorado especialista de inglés.
3) Exemplificacións dese traballo conxunto a través de propostas didácticas de aula no marco dun enfoque globalizado.
En definitiva, a anticipación dunha primeira lingua adicional ou dunha terceira lingua debe ser entendida como unha chave para abrir a porta ao plurilingüismo aos meniños e meniñas.

Introdución
Fco. Xabier San Isidro Agrelo
 

 

Gallego
O inglés en Infantil: Unha porta ao plurilingüismo

Sección: 

English Interactive Visual Dictionary

Dicionario Interactivo Visual. Ferramentas audiovisuais para a práctica do inglés online a través da exploración de escenarios comunicativos habituais.
http://centros.edu.xunta.es/contidos/dictionary/

 

 

 

 

 

 

 

 

Gallego
English Interactive Visual Dictionary

LOM Media: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Aplicación informática: 

Disciplinas: 

Normativa de Seccións Bilingües, Centros Plurilingües, Programa CUALE e Auxiliares de Conversa (Maio de 2011)

Nos arquivos adxuntos atópase a nova normativa de Seccións Bilingües, Centros Plurilingües, Programa CUALE e Seccións Bilingües (DOG do 20 de maio de 2011)

Gallego

Sección: 

Informe a cubrir pola persoa coordinadora do programa de Auxiliares de Conversa

As persoas que en cada centro coordinen o programa de Auxiliares de Conversa cubrirán o informe que atoparán clicando no seguinte enderezo: https://creator.zoho.com/albertosacido/copy-of-informe-persoa-coordinado...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Gallego
Informe a cubrir pola persoa coordinadora

Sección: 

Temas de Plástica de 3º ESO en Inglés (basado no libro Ed. Sandoval)

Aquí tedes os temas que preparei para a asignatura de Educación Plástica e Visual de 3ºESO en inglés. Baséanse no libro de texto da Ed. Sandoval que utilizamos na aula, pero complementado con outros materiais de diversas fontes. Espero que a alguén lle sirva.

Gallego

Sección: 

O conselleiro de Educación comparte unha xornada de estadía lingüística con estudantes da ESO en Vigo

Vázquez Abad visitou no Centro Residencial Docente da cidade olívica a alumnos de 3º da ESO que está a mellorar as súas competencias en inglés

Estas estadías desenvólvense ao abeiro do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras

Gallego
O conselleiro de Educación comparte unha xornada de estadía lingüística
O conselleiro de Educación comparte unha xornada de estadía lingüística con estudantes da ESO en Vigo

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, compartiu hoxe parte da xornada cos estudantes de 3º da ESO que están a mellorar as súas competencias lingüísticas en inglés no Centro Residencial Docente de Vigo, nas estadías organizadas pola Consellería no marco do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras. Na primeira quincena de agosto, outros  estudantes de 3º da ESO participarán nos cursos de francés.

Durante a súa visita o conselleiro lembrou ás alumnas e alumnos a importancia das linguas estranxeiras para se desenvolveren tanto na vida académica como no seu futuro profesional. Neste sentido o conselleiro explicou que a Xunta de Galicia mantén un firme compromiso co impulso do ensino dos idiomas. Non en balde, lembrou o Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras permitiu que máis 29.000 galegas e galegas melloraran as súas competencias noutras linguas no curso 2010/2011. O obxectivo é que ao final da lexislatura 40.000 persoas en Galicia teñan participado deste proxecto.

Estadías

Os estudantes cos que se reuniu hoxe Vázquez Abad están a participar nas estadías formativas organizadas pola Consellería para que o alumnado de 6º de Primaria, ESO e Bacharelato mellore as súas competencias en linguas estranxeiras durante o verán. Así este ano convocáronse un 40% máis de prazas que ao inicio da lexislatura para que os estudantes participen en estadías, tanto en ‘vilas inglesas’ en Galicia, como no estranxeiro, en Canadá, Reino Unido, Francia, Portugal e Alemaña.

Este ano, o programa de estadías contemplou por primeira vez prazas para que estudantes de FP de grao superior que teñan un módulo profesional de lingua estranxeira no currículo do seu ciclo poidan realizar estadías de 3 semanas no estranxeiro. Ademais repítese a experiencia de integración dun grupo de 20 estudantes a principios de curso no sistema educativo canadense, compartindo aulas cos seus alumnos e profesores.

Impulso ao plurilingüismo

Co fin de que os estudantes galegos poidan ter acceso a un ensino plurilingüe, a Consellería de Educación, a través do devandito Plan, está a desenvolver numerosas iniciativas, entre as que destacan a creación da Rede Galega de Centros Plurilingües e o impulso das seccións bilingües. Cómpre lembrar que a Consellería vén de autorizar,de forma provisional,a autorización de 47 novos centros plurilingües e  do funcionamento de 304 novas seccións bilingües. Así, en tan só dous anos de funcionamento do Plan , que se sumarán ás 1.519 que estaban a funcionar no curso 2010/2011. Deste xeito, o vindeiro curso haberá un 150% máis de seccións bilingües funcionando nos colexios e institutos galegos que as que había a comezo de lexislatura -720-.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Educación manifesta a súa satisfacción coa incorporación de 47 novos centros á Rede de Centros Plurilingües de Galicia

A Consellería recorda que xa son máis de cen os centros que conforman esta Rede, en menos de dous anos

Gallego

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar na súa páxina web o listado provisional de centros que conformarán a Rede de Centros Plurilingües en Galicia para o vindeiro curso académico.

A resolución

A Consellería manifesta a súa satisfacción porque en tan só dous cursos académicos xa son máis de cen os centros que conforman a rede. Cómpre recordar que para o 2011/2012 presentáronse 59 solicitudes, das que 47 cumpriron cos requisitos establecidos na orde do 12 de maio de 2011.

Dado o carácter provisional da resolución a Consellería recorda que aqueles catro centros solicitantes que non resultaron admitidos terán ata o vindeiro día 18 para achegar a documentación que lles foi demandada e que é precisa para conseguir a autorización para entrar na Rede. Cómpre sinalar que a orde do 12 de maio de 2011, era aberta a todos os centros sostidos con fondos públicos.

Ademais a Consellería recorda que está a realizar un importante esforzo tanto na formación do profesorado en centros públicos a través do programa PALE, nas Escolas Oficiais de Idiomas e en licenzas por estudos como na dotación de auxiliares de conversa para que cada vez sexan máis os colexios e institutos públicos que se incorporen á Rede de Centros Plurilingües en Galicia.

Dotación a centros públicos

Educación está a traballar na rede de centros públicos e seccións plurilingües que contan con auxiliares de conversa para apoiar, tanto ao profesorado como os estudantes sobre todo no ámbito da comunicación e formación en linguas estranxeiras.

O compromiso do Goberno galego co fomento do plurilingüismo no sistema educativo reafirmouse ademais nos últimos meses coa nova regulación dos centros plurilingües e seccións bilingües que funcionan nos centros de ensino da Comunidade Autónoma.

Colectivo: 

Sección: