Título node Learning object
A linguaxe ha de ser entendida como unha capacidade que o alumnado debe desenvolver e que debe estar dirixida á comunicación. Por isto, entendemos que, na liña do tratamento integrado das linguas ou do meu primeiro portfolio, tanto a lingua adicional/estranxeira como as linguas ambientais, deben desenvolverse paralelamente nesta etapa, xa que a primeira, segunda e terceira linguas conviven, nútrense e retroaliméntanse nun contexto de completa normalidade.
Para contribuír a mellorar a calidade do ensino nesta etapa educativa, o traballo que aquí presentamos pretende dar resposta a esas dificultades mediante o tratamento de tres aspectos fundamentais:
1) A adquisición da linguaxe e as características do desenvolvemento psicoevolutivo do alumnado de educación infantil, a nivel cognitivo, motor e afectivo.
2) O traballo na etapa de infantil e pautas de colaboración entre o profesorado titor e o profesorado especialista de inglés.
3) Exemplificacións dese traballo conxunto a través de propostas didácticas de aula no marco dun enfoque globalizado.
En definitiva, a anticipación dunha primeira lingua adicional ou dunha terceira lingua debe ser entendida como unha chave para abrir a porta ao plurilingüismo aos meniños e meniñas.
Introdución
Fco. Xabier San Isidro Agrelo