Gallego

Inmersión Lingüística de Outono 2011: Centros seleccionados

Nos arquivos adxuntos atópanse as relacións de centros seleccionados para participar no programa de Inmersión Lingüística no outono 2011, ao abeiro da Resolución do 31 de marzo de 2011, da Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional, pola que se convocan axudas destinadas a alumnos de Sexto curso de Educación Primaria e Segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria para o desenvolvemento dun Programa de «Inmersión Lingüística» durante o outono de 2011.

Gallego

Sección: 

Memorias avaliativas Seccións Bilingües 2010/2011

Durante os días 23 e 24 de xuño de 2011 enviaranse instrucións aos centros participantes no Plan de Seccións Bilingües para a elaboración das memorias avaliativas. O prazo de entrega das devanditas memorias será o 5 de xullo.

Nos vindeiros días comunicaranse tamén as instrucións para as memorias de centros plurilingües e o programa CUALE.

Así mesmo, lémbrase aos centros que participaban no Plan de Anticipación da primeira lingua estranxeira que o devandito plan foi derrogado polo Decreto 330/2009 de educación infantil. Isto implica que non se debe enviar ningunha memoria avaliativa e que o profesorado participante non recibirá certificación.

Gallego

Sección: 

Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras

Gallego

Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras

 

Xúntase o Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras, que será enviado en formato papel a todos os centros galegos sostidos con fondos públicos.

 

 

 

 

 

 

 

 

Colectivo: 

Novas ordes de Seccións Bilingües, Centros Plurilingües, Programa CUALE e Auxiliares de Conversa

Gallego

Xúntase a nova normativa de Seccións Bilingües, Centros Plurilingües, Programa CUALE e Auxiliares de Conversa (DOG do 20 de maio de 2011)

Colectivo: