Título node Learning object
Memorias avaliativas Seccións Bilingües 2010/2011
Xov, 23/06/2011 - 13:03
Durante os días 23 e 24 de xuño de 2011 enviaranse instrucións aos centros participantes no Plan de Seccións Bilingües para a elaboración das memorias avaliativas. O prazo de entrega das devanditas memorias será o 5 de xullo.
Nos vindeiros días comunicaranse tamén as instrucións para as memorias de centros plurilingües e o programa CUALE.
Así mesmo, lémbrase aos centros que participaban no Plan de Anticipación da primeira lingua estranxeira que o devandito plan foi derrogado polo Decreto 330/2009 de educación infantil. Isto implica que non se debe enviar ningunha memoria avaliativa e que o profesorado participante non recibirá certificación.