Gallego

Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras

Gallego

Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras

 

Xúntase o Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras, que será enviado en formato papel a todos os centros galegos sostidos con fondos públicos.

 

 

 

 

 

 

 

 

Colectivo: 

Novas ordes de Seccións Bilingües, Centros Plurilingües, Programa CUALE e Auxiliares de Conversa

Gallego

Xúntase a nova normativa de Seccións Bilingües, Centros Plurilingües, Programa CUALE e Auxiliares de Conversa (DOG do 20 de maio de 2011)

Colectivo: 

I Xornada Galega sobre Linguas Estranxeiras

Gallego

O vindeiro 4 de xuño terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela) a I Xornada galega sobre linguas estranxeiras, na que se presentará o plan galego de potenciación de linguas estranxeiras.

A Xornada contará coa participación de Hugo Baetens Beardsmore (Universidade Libre de Bruxelas) e David Lasagabaster (Universidade do País Vasco), así como con representantes doutras Comunidades Autónomas e experiencias de centros galegos.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 19 de maio en www.edu.xunta.gal/fprofe

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Convocatoria de auxiliares de Conversa 2011/2012

Gallego

Impulsar a mellora dos procesos de ensino e aprendizaxe das linguas estranxeira é un dos compromisos da política educativa na Comunidade Autónoma de Galicia.

A participación nos devanditos procesos dunha persoa auxiliar de conversa considérase moi necesaria como punto de referencia para o desenvolvemento dunha lingua viva. Ademais de constituír unha práctica internacionalmente recoñecida para mellorar a competencia comunicativa do alumnado en linguas estranxeiras, as persoas auxiliares de conversa contribúen a un achegamento máis natural aos aspectos xeográficos, sociais, culturais, económicos e de actualidade dos países de referencia, o cal supón un incremento da motivación para a aprendizaxe da lingua obxecto de estudo.

Nesta liña e co obxecto de dar a maior difusión do Programa de Auxiliares de Conversa, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria fai pública a convocatoria de selección de centros públicos plurilingües con carácter prioritario e, de ser o caso, centros públicos con seccións bilingües e escolas oficiais de idiomas para a dotación de AUXILIARES DE CONVERSA.

Os centros solicitantes deben estar a participar en programas de fomento da aprendizaxe das linguas estranxeiras. Así mesmo, todos os centros educativos que contén cun/cunha auxiliar de conversa no presente curso deben cumprimentar a súa solicitude igualmente.

Os centros interesados en participar nesta convocatoria deberán cubrir en rede a solicitude que poden atopar na web http://www.edu.xunta.es/auxconversa .Calquera membro do equipo directivo co seu nome de usurario/a e contrasinal terá acceso á aplicación.

O prazo de solicitude remata o día 27 de abril de 2011.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Programa de Inmersión Lingüística de Outono

Resolución do 31 de marzo de 2011, da Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional, pola que se convocan axudas destinadas a alumnos de Sexto curso de Educación Primaria e Segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria para o desenvolvemento dun Programa de «Inmersión Lingüística» durante o outono de 2011.

Os centros que desexen participar no programa deberán solicitalo, antes do 11 de maio de 2011, a través da sede electrónica do Ministerio de Educación https://sede.educacion.gob.es/tramite, sección «Trámites y Servicios».

Convocatoria: http://www.boe.es/boe/dias/2011/04/07/pdfs/BOE-A-2011-6271.pdf

Información: Marta Valderrama

Tfno.: 881 997497

Correo-e: auxconcertados@edu.xunta.es
 

Gallego

Colectivo: 

Sección: 

Programa PALE 2011

Xúntase a Orde do 30 de marzo de 2011 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos relativos ao programa de apoio ao ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras (PALE) e a outras actividades de formación, para a mellora da competencia en linguas estranxeiras, para o ano 2011.

Gallego

Sección: 

Orde pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos relativos ao programa de apoio ao ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras (PALE) e a outras actividades...

Gallego

Xúntase a Orde do 30 de marzo de 2011 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos relativos ao programa de apoio ao ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras (PALE) e a outras actividades de formación, para a mellora da competencia en linguas estranxeiras, para o ano 2011.

Servizo relacionado: 

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Borrador da nova orde de acreditación de idiomas

Gallego

Borrador da orde pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Colectivo: 

Sección: