Gallego

“GOAL! Go Outside And Learn” do IES Ramón Cabanillas (Cambados, Pontevedra), coordinado polo profesor José Benito Búa Ares, acada o Premio Nacional eTwinning 2012

“GOAL! Go Outside And Learn”

Seis países, 22 clases, 24 profesores e 420 estudantes protagonizan un proxecto baseado nas matemáticas. Os problemas presentados nos libros de texto foron substituídos por retos con datos reais que obrigaron aos estudantes a medir, analizar, resolver e compartir e comparar as súas solucións coas dos seus compañeiros europeos. Os socios demostraron unha excelente colaboración desde a proposta de traballo inicial; optando por unha planificación aberta e permisiva coas diferentes posibilidades dos centros participantes, conseguiron presentar os resultados froito do traballo común, perfectamente organizados tanto no TwinSpace como na web creada para o proxecto. Ademais, un conxunto de titoriais das diversas ferramentas TIC utilizadas no traballo facilitaron o seu uso por parte dos estudantes e aumentado así o seu interese por elas, tal e como mostra a súa avaliación final.

 

Gallego
GOAL! Go Outside And Learn

Educación impulsa a adquisición de coñecementos lingüísticos a través de protocolos con Alemaña e Francia

Xesús Vázquez Abad traballa no desenvolvemento de acordos a prol do fomento da empregabilidade, a promoción e cooperación entre centros de ensinanza de Galicia con Berlín e Amiens, respectivamente

A Consellería volve a dar conta do traballo desenvolvido pola mellora das competencias lingüísticas

Gallego
Educación impulsa a adquisición de coñecementos lingüísticos a través de protoco
Educación impulsa a adquisición de coñecementos lingüísticos a través de protocolos con Alemaña e Francia

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven de dar novos pasos de cara a lograr unha maior calidade, a través de conversas e un protocolo cos concellos de Berlín e a Acádemie de Amiens, respectivamente,  a prol da adquisición de coñecementos e da empregabilidade.

Futuro acordo con concello de Berlín

Respecto do encontro mantido hai uns días entre o conselleiro e unha representación do concello de Berlín Vázquez Abad recordou que “estivemos a falar sobre o desenvolvemento dun programa de acollida recíproca do profesorado e alumnado  de FP entre centros de ambas poboacións. A finalidade do acordo é o de lograr o perfeccionamento dos docentes e que este repercuta positivamente no proceso de aprendizaxe dos estudantes que tamén poderán mellorar no coñecemento de linguas”.

Asemade dixo que “o obxectivo de estas accións é favorecer a empregabilidade e a calidade das ensinanzas de FP. Ao mesmo tempo búscase a promoción da cooperación entre os centros de ensino e incrementar o intercambio de información e experiencias sobre cuestións comúns nos sistemas de formación dos estados membros da Comunidade Europea”.

Os protocolos

No encontro entre ambos representantes falouse sobre que cada unha das partes asinantes seleccionará centros en Berlín e Galicia, en distintos sectores profesionais, para acoller as estadías dun número determinado de profesores e alumnos.

Esta é outra das accións que está a ser desenvolvida desde a  Consellería de Educación para fomentar a empregabilidade do alumnado de FP.

Académie de Amiens

Por outra banda o conselleiro ven de asinar un protocolo de cooperación coa Académie de Amiens para o desenvolvemento dun programa de intercambios escolares e distintas accións de cooperación a prol de reforzar e impulsar os nexos de unión entre ambas institucións.

Respecto de dito acordo o conselleiro asegurou que “procuramos reforzar a colaboración entre ambas institucións, englobadas dentro da Unión Europea. Cumprimos así co indicado no Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) no que se asegura o desenvolvemento e coñecemento das linguas e das culturas europeas que constitúen un elemento fundamental ao servizo da educación das mozas e mozos europeos. E o principal obxectivo é a promoción e desenvolvemento das linguas a través dun programas de intercambio, visitas e encontros entre grupos de estudantes e profesores de calquera nivel e tipo de ensinanza”, ao que engadiu que “co fin de establecer a estrutura para o desenvolvemento de ditas actuacións tamén se promoverá a realización de proxectos e guías de actuacións entre centros escolares de Galicia e Amiens”.

Adquisición de competencias lingüísticas

“Este é un protocolo que permitirá que se leve a cabo un traballo conxunto sobre temas educativos, profesionais e culturais de interese común entre as poboacións dos organismos asinantes, en beneficio das correspondentes comunidades educativas”, dixo Vázquez Abad, ao tempo que recordou que durante o encontro co presidente da Académie de Amiens, Jean-Louis Mucchielle, tamén se puxo en valor importancia que ten a Formación Profesional na actualidade. Así, e co fin de darlle un novo impulso a estas ensinanzas, sinalou que “o acordo asinado tamén inclúe a promoción de sinerxías e a realización de accións conxuntas en torno a estes estudos, favorecendo o intercambio de estudantes e de profesores nas empresas de ambas rexións”.

No caso do acordo coa Académie este inclúe a organización de programas recíprocos lingüísticos e pedagóxicos de perfeccionamento para os profesores de ensinanza bilingüe a través de formación inicial e continua de ditos mestres. Do mesmo xeito promovese a mobilidade de profesores a través de estancias profesionais, da acollida de auxiliares de conversas en ambas zonas europeas do programa “Julio Verne”. Ademais o documento de cooperación tamén inclúe o impulso á mobilidade individual dos estudantes en forma de intercambio por un período máximo de catro semanas, durante as correspondentes vacacións escolares.

A través das citadas conversas e do protocolo asinado, a Consellería continúa a dar conta do traballo que desenvolve a prol da Educación, e neste caso no impulso da adquisición de competencias lingüísticas e da Formación Profesional, buscando o maior abanico de oportunidades tanto para os estudantes como para os profesores, o que repercutira no beneficio de toda a sociedade.

Audio: 

Declaracións de Xesús Vázquez Abad

Sección: 

Convocatoria de auxiliares de conversa de lingua española no estranxeiro, 2012-2013.

Convócanse prazas de Auxiliares de Conversa de lingua española para o curso escolar 2012-2013 en centros docentes de Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Canadá, Estados Unidos, Francia, Irlanda, Italia, Malta, Nova Zelandia, Portugal e Reino Unido.

 

Gallego
Ministerio-educacion

Sección: 

O IES Monte Castelo de Burela (Lugo) acadou o premio nacional Comenius Erasmus Junior (MAC)

O premio nacional Comenius Erasmus Junior (MAC) foi este ano para o IES Monte Castelo de Burela (Lugo). O centro participa nesta iniciativa europea dende o curso 2009-2010 en asociación co Gymnazium Praha 10 da capital da República Checa.
A acción Comenius de mobilidade de alumnado iniciouse no curso 2009-2010 e permite a escolarización nun país estranxeiro do alumnado maior de 14 anos durante un prazo mínimo de 3 meses.
A entrega do galardón tivo lugar na V Feira de Valorización que se celebrou en Madrid o pasado 1 de decembro. No evento participaron o director do centro, Marcelino Luna, a profesora coordinadora de proxectos europeos, Irene Paredes, e unha das alumnas participantes no programa de intercambio, Cristina González Maseda.

 

 

Gallego
Entrega do premio nacional Comenius Erasmus Junior (MAC)

Programa de auxiliares estranxeiros/as en España. Inscrición e renovación, curso 2012/2013

Convocanse prazas de Auxiliares de Conversa en España e comunícase que está aberto en Profex o prazo de inscrición de solicitudes de auxiliares de conversa estranxeiros/as para o curso 2012-13, que finalizará o día 31 de marzo de 2012. Así mesmo, infórmase que as persoas auxiliares de conversa, destinadas en centros públicos de primaria e secundaria e escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia (curso 2011-12), poden solicitar a súa renovación no devandito Programa no mesmo tempo.

Gallego
logo-me

Convocatoria de prazas para profesores visitantes en centros escolares dos Estados Unidos de América e Canadá para o curso 2012/2013

Resolución de 23 de novembro de 2011, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan prazas para profesores visitantes en centros escolares dos Estados Unidos de América e Canadá para o curso académico 2012/2013.

 

 

 

 

Gallego
BOE

Publicación da convocatoria nacional de Programas Europeos (programa PAP) 2012

Convocatoria nacional de propostas das accións descentralizadas dos programas Comenius, Erasmus, Leonardo da Vinci, Grundtvig e Transversal (visitas de estudo) no marco do programa de aprendizaxe permanente.

 

 

 

Gallego
APEE

Profesorado visitante no estranxeiro

Resolución de 23 de novembro de 2011, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan prazas para profesores visitantes en centros escolares dos Estados Unidos de América e Canadá para o curso académico 2012-2013. BOE, 30/11/2011

Gallego

Sección: 

Programa profesores visitantes estranxeiros en España

Comunícase que desde hoxe, e ata o 31 de xaneiro de 2012, permanecerá aberta a convocatoria para profesores visitantes estranxeiros en España.

A información sobre a convocatoria e o acceso en liña á aplicación xa está operativa na páxina web do programa.

Gallego
Logo MEC

Mobilidade de Alumnado Comenius (MAC)

A área de Programas Europeos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria  informa sobre a iniciativa "Mobilidade de Alumnado Comenius" que foi lanzada no ano 2009 para permitir que o alumnado de educación secundaria a partir de 14 anos poida estudar durante un período de entre 3 e 10 meses nun centro educativo doutro país europeo, vivindo cunha familia.

As condicións desta iniciativa e a información sobre o procedemento de solicitude pódense consultar no espazo de Programas Europeos.

 

 

 

 

 

Gallego
Mobilidade de Alumnado Comenius (MAC)