O repositorio do Espazo Abalar segue ampliando a súa oferta cunha primeira selección de 34 contidos educativos en formato dixital realizados coa ferramenta de autor Edilim dentro da Fase C de "Elaboración de materiais do programa PALE e outras actividades formativas". Trátase de aplicacións en inglés, francés ou portugués para os diferentes niveis educativos e para as materias que imparten os docentes participantes. Os Obxectos Dixitais Educativos (ODE) foron realizados de xeito individual ou como parte dun proxecto grupal.
Referencia:
Orde do 30 de marzo de 2011 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos relativos ao programa de apoio ao ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras (PALE) e a outras actividades de formación, para a mellora da competencia en linguas estranxeiras, para o ano 2011 (DOG do 5 de abril de 2011).
Resumo dos recursos publicados:
I Express Myself with my Body
Actividade en LIM para traballar en inglés a expresión corporal.
"Cando non falamos, o noso corpo comunícase consciente ou inconscientemente".
Nivel: 3º Primaria.
Basic Elements of the Images
Actividade en LIM para coñecer os elementos básicos da imaxe (EE.BB) mediante a análise da mesma presentes en cada imaxe de mostra.
Nivel: 1º da ESO.
Baroque Style
Libro LIM para traballar a música e músicos do período barroco en inglés. Intenta aproveitar o contexto sociocultural e a música dos séculos XVII e XVIII.
Nivel: 3º da ESO
Volleyball for Beginners
Libro Interactivo Multimedia (LIM) en inglés para introducir aos alumnos de 1º da ESO no deporte do voleibol: as orixes, regras básicas, os tipos de saque, pases, ataque, bloqueo.
Nivel: 1º da ESO.
A Day at the Mall
O obxectivo deste ODE é proporcionar aos alumnos o vocabulario e as estructuras que se ocupan das compras coa variante lingüística estadounidense, que non é moi común nos nosos libros de texto.
Nivel: 3º da ESO.
Orientereeing, Nature and Space
Libro Interactivo Multimedia (LIM) en inglés no que se traballan conxuntamente as áreas de ciencias naturais, ciencias sociais e educación física, usando como nexo conductor a orientación espacial.
Nivel: 1º da ESO.
Play with Numbers
Para iniciar aos alumnos nas matemáticas en inglés precisamos saber que é o que eles saben a xeito de avaliación diagnóstica. Na unidade traballamos os números deica o 10. O zip inclúe fichas como complemento de este LIM.
Nivel: 1º Primaria.
Studying and Working Out my Muscles
O estudo dos músculos centran esta proposta, que pretende que o alumno coñeza a súa localización anatómica, pero sobre todo o seu papel protagonista no movemento e como os exercicios encamiñados á mellora da forza e da flexibilidade son piares básicos da condición física saudable.
Nivel: 4º da ESO.
Science, Matter and Meassurement
Esta Unidade Didáctica pretende ser unha primeira aproximación ás áreas científicas (fundamentalmente física e química e matemáticas) dentro do programa de 3º da ESO.
Nivel: 3º da ESO.
Fat Crab in a Hat
A través da personaxe principal nesta historia, un cangrexo nun sombreiro, os nenos coñecerán a varios animais, a forma na que se moven e algunhas das súas características. A pronunciación e o ritmo trabállase mediante as rimas e o patrón da historia.
Nivel: 6º Infantil.
Out & About in London
O tema de esta actividade “Out and About” obedece principalmente a tres eixos: 1.- Desenvolver a lingua estranxeira como forma de comunicación na aula; 2.- Resolver cuestións en determinados contextos e 3.- Aproveitar a propia motivación das actividades de lecer, deporte, medios de transporte, comidas… para aumentar o vocabulario e expresións propias da lingua inglesa.
Nivel: 2º da ESO.
Tourist Information & Customer Service at Accommodation
Unidade centrada no estudo do vocabulario específico, as estruturas e os procesos das organizacións cos aspectos técnicos, proporcionando un conxunto de tarefas de análise para entender o comportamento.
Nivel: Ciclos Formativos.
Visual Communication
Unidade para traballar a linguaxe e comunicación visual: obxectivo e función da imaxe (informativa, expresiva, estética e representativa), os signos e símbolos e os medios de comunicación que utilizan imaxes fixas e en movemento.
Nivel: 3º da ESO.
The Tertiary Sector
O sector terciario implica unha gran variedade de actividades profesionais, algunhas delas, tales como a saúde e a educación contribúen directamente no benestar da poboación.
O desenvolvemento deste sector está ligado ás novas tecnoloxías e ao turismo.
Nivel: 3º da ESO.
My Totem Pole
Unidade deseñada para axudar aos alumnos a desenvolver habilidades para comprender a cultura canadiense e a arte aborixe. O estudo dunha cultura pode axudar aos nosos alumnos a valorar a súa propia.
Nivel: 6º de Primaria.
Construction Materials
Unidade didáctica bilingüe para traballar vocabulario específico de materiais de construción e as súas propiedades: granito, mármore, xiz, morteiro, formigón, formigón armado, vidro,...
Nivel: 3º da ESO.
Elements, Compounds and Mixtures
Con esta unidade preténdese que o alumnado sexa quen de clasificar a materia, distinguindo entre substancias puras e mesturas, entre elemento e composto e entre mestura homoxénea e heteroxénea.
Nivel: 3º da ESO.
Last Evening in London
Nalgunhas ocasións o alumnado da ESO programa una saída cultural a Londres. Esta é una actividade para que practiquen como desenvolverse nunha tenda ou nun restaurante….
Nivel: 3º da ESO.
Areeiras da Limia
Experiencia multidisciplinar (departamentos de Educación Física, de Bioloxía e Xeoloxía e Matemáticas) de orientación e interpretación do medio, nunha explotación mineira de áridos.
Nivel: 1º curso de Bacharelato.
Animal World
Con esa unidade en inglés traballaremos os animais nos seus hábitats: salvaxes, domésticos e mascotas mediante exercicios de relación, identificación, comprensión de textos ou xogos diversos.
Nivel: 1º curso de Bacharelato.
Musique Maestro! Concert à Paris
Unidade didáctica dirixida ao alumnado de francés e música.
Seguindo a ruta parisiense do músico Igor Stravinsky, o obxectivo da unidade é traballar o léxico de instrumentos musicais e estruturas gramaticais.
Nivel: 2º curso da ESO.
The Human Body
O corpo é un dos primeiros temas en ser tratado nas programacións de Primaria a partires da realidade máis próxima ao neno. Basearémonos na curiosidade do alumno e a aprendizaxe significativa.
Nivel: 2º de Primaria.
Les animaux
Tras o desenvolvemento desta unidade o alumnado será quen de comunicarse oralmente e por escrito en lingua francesa no contexto dunha "visita a un zoo".
Nivel: 5º curso de Primaria.
Learning from Forests
Unidade para traballar e repasar vocabulario en inglés sobre o nome das cores, partes do corpo, números, parentescos, animais e tempo de xogo usando como nexo condutor o outono.
Nivel: 1º curso de Primaria.
About Trees
Con esta unidade traballaremos nun primeiro momento os tipos de árbores e os seus froitos. Despois pasaremos a proxectos creativo-artísticos co tema das árbores, estacións,... usando materiais diversos: follas, pinturas, materiais de reciclaxe,...
Nivel: 2º curso de Primaria.
Plane Isometries
As formas xeométricas forman parte da nosa vida cotiá, podemos atopalas na natureza, nos obxectos da nosa contorna, na arte e, incluso, na publicidade ao usar logotipos comerciais que encerran propiedades como a simetría respecto dun determinado eixo.
Nivel: 3º da ESO.
Familles ici et là!
Primeira aproximación á lingua francesa. Partindo do tema "a familia" permitiranos explorar diferentes aspectos: vocabulario, gramática, sociocultural,...
Nivel: 1º de Bacharelato.
The Renaissance Period
Proposta multidisciplinar (literatura, tecnoloxía, educación plástica e visual, música e educación física)
Nivel: 3º da ESO.
Move your Body!
As partes do corpo é un dos campos semánticos máis traballados en Primaria. Nesta unidade o alumnado traballará este vocabulario mediante actividades lúdicas e motivadoras.
Nivel: 3º de Primaria.
Galician Trees
Unidade didáctica para traballar as árbores autóctonas de Galicia en inglés. Foméntase con ela o respecto pola fauna, vexetación e plantas. Impúlsase a idea da repoboación con especies autóctonas, un maior coñecemento da vida dos bosques galegos, e unha mellor conciencia medioambiental.
Nivel: 1º da ESO.
I´m a Little Teapot...
O obxectivo fundamental deste libro LIM é enfatizar a importancia de ser educado nas relacións sociais, en calquera situación da vida diaria, tanto persoalmente como con persoas doutros países (especialmente no Reino Unido, onde o té é un dos máis importantes eventos sociais), utilizando expresións como: "por favor", "grazas" ou "Benvido".
Nivel: 3º de Primaria.
Refeições portuguesas
A elección das comidas como tema a desenvolver serve para iniciar o alumno nos costumes e tradicións da sociedade portuguesa, así como na súa cultura gastronómica, contribuíndo tamén á valoración dunha realidade moi próxima e á superación de prexuízos.
Nivel: 1º da ESO.
The Biosphere
O tema central en torno ao cal xira esta unidade son os seres vivos. Trátanse aspectos diferentes en canto á súa organización, as súas características específicas que os distinguen do material inerte, como tamén a necesidade de clasificalos de forma xerárquica.
Nivel: 1º da ESO.
Let the Choir Sing
A voz humana é o noso maior medio de comunicación e unha rica fonte de pracer artístico.
A través das actividades desta unidade, o alumnado ten a oportunidade de descubrir a alegría de cantar en grupo.
Nivel: 2º da ESO.