Gallego

Programa: Xornada de Acollida e Orientación de Auxiliares de Conversa. 2012/2013

Achégase programa da “Xornada de Acollida e Orientación de Auxiliares de Conversa” que se celebrará o día 5 de outubro no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Gallego
adc

Sección: 

Relación definitiva do profesorado seleccionado na convocatoria de licenzas de formación permanente en linguas estranxeiras en Canadá e Francia para o curso 2012/2013

Gallego

Xúntase a proposta de resolución do 25 de setembro de 2012 pola que se fai pública a relación definitiva do profesorado seleccionado na convocatoria de licenzas por formación para o curso 2012-2013 destinadas a funcionarios docentes non universitarios, conforme ao baremo que figura no Anexo III da Orde do 27 de xuño de 2012 (DOG do 6 de xullo) e á resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se oferta  a formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras en Canadá e Francia.

Colectivo: 

Resolución pola que se amplía a oferta pública de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras en Francia

Gallego

Xúntase a resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se amplía a oferta  pública de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras  en Francia.

  • O prazo de solicitude remata o 30 de setembro de 2012.

Colectivo: 

Resolución definitiva do 10 de setembro de 2012 de centros admitidos no programa de formación complementaria en linguas estranxeiras, CUALE, para o curso 2012/2013

Gallego

Xúntanse a lista definitiva de centros admitidos no Programa CUALE.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución definitiva do 10 de setembro de 2012, pola que se incorporan novos centros á Rede de Centros Plurilingües

Gallego

Xúntanse as listaxes definitivas de centros admitidos e excluídos á Rede de Centros Plurilingües

Colectivo: 

Sección: 

O libro "14 ideas" presenta proxectos para FP do programa europeo eTwinning

Xa está accesible o libro sobre proxectos eTwinning para FP 14 ideas, unha publicación realizada por profesodado galego participante neste programa europeo e editada polo IES San Clemente de Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

 

 

Gallego
14 ideas

Cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) 2012/2013

Gallego

Preséntase a oferta dos cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) en inglés e francés para o curso 2012-2013.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Oferta educativa das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do curso escolar 2012/2013

Gallego

Xúntase a Orde do 29 de xuño de 2012 pola que se fai pública a oferta educativa das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do curso escolar 2012-2013.

No vindeiro curso 2012-2013 poranse en marcha 6 novas seccións das escolas oficiais de idiomas nas Pontes de García Rodríguez, Burela, Sarria, Celanova , Ribadavia e Redondela. A prescrición farase no mes de setembro. Para máis información consultar as páxinas web das escolas oficiais de idiomas correspondentes.

O conselleiro de Cultura e Educación salienta a importancia das estadías e os auxiliares de conversa para que o alumnado mellore as súas competencias orais en linguas estranxeiras

Xesús Vázquez Abad visitou hoxe o Centro Residencial Docente da Coruña, onde 410 alumnas e alumnos están a vivir unha estadía lingüística para mellorar o inglés

O conselleiro lembrou que o vindeiro curso terase multiplicado por máis de 6 o número de auxiliares de conversa no sistema educativo galego

Gallego
Vázquez Abad departiu cos estudantes no Centro Docente da Coruña
Vázquez Abad departiu cos estudantes no Centro Docente da Coruña

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, salientou hoxe a oportunidade que as estadías lingüísticas de verán e o apoio das auxiliares de conversa – na rede de Centros Plurilingües e Seccións Bilingües- supoñen para que o alumnado galego contacte de forma directa con falantes nativos de linguas estranxeiras. “Trátase dunha oportunidade á que galegas e galegos doutras xeracións non tiveron acceso, moi importante para a mellora das competencias orais en linguas estranxeiras, e pola que o actual Goberno galego ten traballado arreo”, destacou.

Neste sentido, e durante a súa visita ao Centro Residencial Docente da Coruña, onde 410 alumnas e alumnos de 6º de primaria e 1º de ESO están a vivir unha estadía lingüística para mellorar o inglés, o conselleiro lembrou que o vindeiro curso o sistema educativo galego terá multiplicado por máis de 6 o número de auxiliares de conversa que prestan o seu apoio en Escolas Oficiais de Idiomas, centros plurilingües e seccións Bilingües.

Así, haberá máis de 400 auxiliares, dos que 350 son asumidos pola comunidade autónoma e 39 procederán de acordos co Ministerio. Ademais, a comunidade disporá de 18 sénior – nativos xubilados que desenvolven o seu labor nos centros plurilingües do rural galego-. Así mesmo, está previsto que se volva contar co profesor de lingua francesa a tempo completo, froito do convenio de colaboración entre a consellería e a Academie de Amiens.

Respecto da estadía, Vázquez Abad explicou que por este CRD pasarán este verán preto de 1200 alumnas e alumnos, de 6º de primaria, 1º e 2º de ESO; que realizan diversas actividades, desde deportivas ata excursións, para a mellora das competencias orais en lingua inglesa.

Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras

Durante a súa visita á Coruña o conselleiro lembrou que o vindeiro curso recibirán un ensino plurilingüe máis de 21.000 alumnas e alumnos da provincia da Coruña, a través dos 65 Centros Plurilingües – 14 de nova incorporación- e 1007 seccións bilingües da provincia – 200 de nova incorporación-; grazas á colaboración dos 514 profesores implicados. Ademais, na provincia coruñesa desenvolveranse cursos de formación complementaria para a aprendizaxe de linguas estranxeiras (CUALE), en 14 centros de ensino. En total, en estes cursos beneficiarán en toda Galicia a máis de 1.280 estudantes.

Por outra banda, e para apoiar a formación e certificación de persoas adultas, alumnos e docentes, a Consellería vén de crear unha nova sección da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol en As Pontes, que ofertará 90 prazas en ensinanzas regradas de inglés.

Neste sentido destacou o éxito do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, que ten superado amplamente as expectativas iniciais. Así, en total, a rede de centros plurilingües de Galicia chegará a 148 colexios e institutos da comunidade, e a de seccións bilingües comprenderá un total de 2.362 seccións en 649 centros educativos, dos que 499 son seccións de nova incorporación no vindeiro curso, e 207 son novos centros implicados nesta iniciativa.

6,5 millóns en formación do profesorado

Por outra banda, Vázquez Abad lembrou ademais que a Consellería tamén está a dar a oportunidade aos docentes de mellorar as súas competencias en linguas estranxeiras en estadías, no marco do Plan Integral de Ayuda a las Lenguas Extranjeras (PIALE), que comprende diversas actividades formativas en idiomas para o profesorado, tanto en España como no estranxeiro.

Neste sentido destacou que ao remate co curso 2012/2013, e cun investimento duns 6,5 millóns de euros, a Consellería terá formado a máis de 4.300 profesores en cursos intensivos CALC e en estadías PIALE. “Estamos a falar de preto de 20.000 horas de formación intensiva nos cursos CALC”, dixo. Ademais, lembrou que os docentes tamén poden mellorar as súas competencias en linguas estranxeiras a través das licenzas por estudos e das 296 actividades organizadas pola rede de formación do profesorado.

Para iso, ao longo da presente lexislatura a Consellería ofertou 1.035 prazas para as estadías do PIALE, o que supuxo un investimento superior a 2,5 millóns de euros. Ademais, e contando a oferta do curso 2012/2013, teranse ofertado 3.300 prazas en Cursos de Actualización Lingüística e Comunicación (CALC) para fomentar e facilitar a acreditación do profesorado no dominio das distintas destrezas comunicativas en distintas linguas, de acordo cos niveis de competencia establecidos no Marco Común Europeo de Referencia para a aprendizaxe de linguas (MECRL). Por outra banda, a rede de formación do profesorado ten desenvolvido xa 296 actividades – cursos, xornadas formativas, entre outras- destinadas á mellora do coñecemento das linguas estranxeiras; e xa se convocaron licenzas por estudos para o próximo curso, que poderán oscilar entre as 80 e as 240, dependendo da duración das mesmas.

Durante a visita o conselleiro estivo acompañado polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; e pola delegada da Xunta e o xefe territorial de Educación na Coruña, Belén do Campo e Indalecio Cabana, respectivamente.

Sección: 

A Consellería de Cultura e Educación reforza a súa aposta polo plurilingüismo coa creación de 6 novas seccións das escolas oficiais de idiomas en vilas das catro provincias galegas

O vindeiro curso ofertaranse ensinanzas de inglés en As Pontes, Burela, Sarria, Celanova, Ribadavia e Redondela

A creación destas seccións supón por a disposición da cidadanía 660 prazas para a mellora das súas competencias lingüísticas en lingua inglesa

Trátase dunha nova aposta por achegar o plurilingüismo ás vilas e ao rural galego

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reforzará o vindeiro curso a súa aposta polo plurilingüismo coa creación de 6 novas seccións das Escolas Oficiais de Idiomas en vilas das catro provincias galegas, en concreto nas Pontes (A Coruña), Burela e Sarria (Lugo), Ribadavia e Celanova (Ournese), e en Redondela (Pontevedra). Trátase dunha nova iniciativa ao abeiro do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, que ten nas EOI un dos seus piares fundamentais, polo seu papel como centros para a cualificación e certificación tanto dos docentes – a través de cursos específicos CALC- como do resto das galegas e galegos.

Esta iniciativa de Cultura e Educación é unha nova mostra do compromiso da Consellería co rural, achegando s galegas e galegos que non viven nas cidades as ensinanzas de linguas estranxeiras que se ofertan nas EOI; unha aposta pola igualdade de oportunidades no acceso ao plurilingüismo.

A creación destas seccións supón por a disposición da cidadanía 660 prazas para a mellora das súas competencias lingüísticas en lingua inglesa. Para iso as novas seccións das provincias da Coruña, Lugo e Ourense ofertarán, cada unha, un grupo no nivel básico e dous no intermedio, un total de 90 prazas cada sección. Pola súa parte, na de Redondela haberá 3 grupos no nivel básico e 4 no intermedio, o que suporá crear 210 prazas.

Na provincia da Coruña a nova sección da EOI situarase no IES Castro da Uz, das Pontes de García Rodríguez, dependendo da EOI de Ferrol. En Burela será o IES Monte Castelo o que acolla a sección, dependente da EOI de Viveiro; mentres que a de Sarria, dependente da EOI de Lugo, instalarase no IES Gregorio Fernández. No caso de Ourense, e tal e como xa anunciou o conselleiro, Xesús Vázquez Abad, abriranse dúas novas seccións, unha delas ubicada no IES de Celanova, e a outra no IES de Ribadavia, ambas as dúas dependentes da EOI de Ourense. Respecto da sección de Redondela, esta instalarase no IES Pedro Floriani, e terá como centro de referencia a EOI de Vigo.

Sección: