Oferta educativa das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do curso escolar 2012/2013
Mér, 01/08/2012 - 08:45
Xúntase a Orde do 29 de xuño de 2012 pola que se fai pública a oferta educativa das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do curso escolar 2012-2013.
No vindeiro curso 2012-2013 poranse en marcha 6 novas seccións das escolas oficiais de idiomas nas Pontes de García Rodríguez, Burela, Sarria, Celanova , Ribadavia e Redondela. A prescrición farase no mes de setembro. Para máis información consultar as páxinas web das escolas oficiais de idiomas correspondentes.