Gallego

Decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia

Gallego

Xúntase o Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Proxecto de Orde pola que establece a relación de materias de libre configuración autonómica en ESO e no Bacharelato, se regula o seu currículo e a súa oferta

Gallego

Para coñecemento da comunidade educativa, dáse difusión ao Proxecto de Orde pola que establece a relación de materias de libre configuración autonómica en ESO e no Bacharelato, se regula o seu currículo e a súa oferta.

  • Próxima publicación no DOG

Tema: 

Sección: 

Continuidade dos centros educativos para o curso 2015/2016 que forman parte da convocatoria de plans de formación permanente do profesorado para implantar en centros públicos no curso 2014/2015

Gallego

A Resolución do 6 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no curso 2014/15 recolle, no apartado 4, que os plans presentados terán unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro, e, no apartado 14.3, que a Comisión de Selección e Avaliación examinará o informe externo xunto coa memoria anual de cada plan e realizará a avaliación final para os efectos de validar a súa continuidade.

Reunida a citada comisión, e revisada a documentación indicada dos centros educativos para a continuidade dos plans de formación durante o curso 2015/16, cómpre publicar  a resolución dos centros educativos seleccionados para a súa continuidade.

Colectivo: 

Sección: 

Licenzas por formación destinada ao funcionariado docente non universitario para o curso 2015/2016

Gallego

Xúntase a Orde do 4 de xuño de 2015 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2015/16 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as bases de concesión (código ED305B).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Destinatarios:

Persoal docente que pertenza aos corpos que imparten ensinanzas das establecidas na LOE, destinado durante o curso académico 2015/16 en centros educativos públicos e nos servizos provinciais de Inspección educativa dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coa seguinte prelación:
a) Persoal docente funcionario de carreira que non gozou de licenza por formación nos últimos dous cursos (2013/14 e 2014/15).
b) Persoal docente funcionario de carreira que gozou de licenza por formación nos últimos dous cursos (2013/14 e 2014/15).
c) Persoal interino.

Requisitos

As persoas candidatas á licenza por formación deberán reunir os seguintes requisitos:

  1. Persoal docente de carreira.
    1. Estaren en situación de servizo activo e prestando servizos ininterrompidos durante os cursos 2013/14 e 2014/15, e no 2015/16 seguiren tendo destino e exercendo docencia directa con alumnado en centros docentes educativos dependentes da consellería.
    2. Teren, como mínimo, dous anos de antigüidade como persoal docente de carreira nos corpos e nas escalas que se establecen no artigo 1 desta orde. Para estes efectos computaranse os servizos ata o 31 de agosto de 2015. Para a modalidade 6 terá preferencia o profesorado con destino definitivo no centro educativo durante o curso 2015/16.
    3. Non teren destino en comisión de servizos durante o curso 2015/16, agás o profesorado destinado en centros de ensinanzas artísticas superiores e o que estea a gozar dunha comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral ou por motivos de saúde.
  2. Persoal interino.

Para estes efectos entenderase como profesor interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tales ata o remate do curso académico correspondente.

Modalidades:

Convócanse seis modalidades de licenzas por formación, todas elas retribuídas, por un período total de 500 meses, de acordo coa seguinte temática e distribución:

1. Proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para educación primaria e secundaria e atención á diversidade nestes niveis.
Duración: de 1 a 3 meses, segundo a valoración do proxecto presentado (entre o 15 de setembro de 2015 e o 30 de xuño de 2016).
Meses convocados: 80

2. Grupos de traballo de 2 ou 3 membros para a creación de materiais curriculares dixitais para educación primaria e secundaria e atención á diversidade nestes niveis.
Duración: de 1 a 3 meses, segundo a valoración do proxecto presentado (entre o 15 de setembro de 2015 e o 30 de xuño de 2016).
Meses convocados: 80

3. Proxectos individuais para a elaboración ou adaptación de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.
Esta modalidade terá as seguintes submodalidades:

 

  • Submodalidade 3.a. Elaboración de materiais inéditos nunha lingua oficial e/ou noutra ou noutras linguas estranxeiras.
  • Submodalidade 3.b. Actualización de materiais creados en convocatorias anteriores e, simultaneamente, a súa adaptación a unha ou máis linguas estranxeiras.

 

Duración: de 1 a 3 meses, segundo a valoración do proxecto presentado (entre o 15 de setembro de 2015 e o 30 de xuño de 2016).
Meses convocados: Submodalide 3.a: 24. Submodalidade 3.b: 6.

4. Grupos de traballo de 2 ou 3 membros para a elaboración ou adaptación de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.
Duración: de 1 a 3 meses, segundo a valoración do proxecto presentado (entre o 15 de setembro de 2015 e o 30 de xuño de 2016).
Meses convocados: 70

5. Grupos de traballo de 2 ou 3 membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado.
Duración de 1 a 3 meses (entre o 15 de setembro e o 31 de decembro de 2015)
Meses convocados: 40

6. Perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior.
Dirixida preferentemente ao profesorado non especialista de ensino primario e secundario e formación profesional para promover dun xeito prioritario a creación ou a continuación do programa de seccións bilingües e/ou de centros plurilingües.
Duración: mínima de 1 mes e máxima de 3 meses (do 15 de setembro de 2015 ao 31 de agosto de 2016).
Meses convocados: 200

Documentación necesaria

Solicitude segundo o modelo do anexo II da convocatoria.
Proxecto de estudos ou de traballo de investigación que se pretenda realizar durante o período da licenza, segundo o contido do anexo IV.
A demais documentación específica para cada modalidade requirida na convocatoria.
Relación numerada e asinada da documentación presentada.

Máis información

Mail: licenzas.fprofe@edu.xunta.es
 
Tl.: 881 99 76 35 / 981 54 65 15

Colectivo: 

Sección: 

Convocados os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2014/2015

Gallego

Xúntase a Orde do 28 de maio de 2015 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2014/15.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Portal web sobre a LOMCE do MECD

Este portal pretende explicar contidos clave da LOMCE:

  • Descrición da Lei, calendario de implantación e os posibles itinerarios e pasarelas para o alumnado.
  • O currículo, cun espazo preferente adicado á integración das competencias clave nos actuais currículos.
  • Avaliación, onde se indica o carácter formativo e de diagnose das probas externas a realizar ao finalizar as etapas educativas.
  • Autonomía dos centros, adicado á importancia da xestión da dirección dos mesmos e a calidade educativa.
  • Formación Profesional, con información sobre contidos teórico-prácticos dos novos ciclos en Formación Profesional Básica, Grao Medio e Grao Superior, itinerarios formativos e as pasarelas a outras ensinanzas do sistema educativo.
  • Mediateca, na que pódese acceder a contidos audiovisuais relacionados con aspectos da actual Lei educativa.
  • Comunidades Autónomas.
  • Preguntas frecuentes.
Gallego
Logo do Portal Web LOMCE

Exposición “doArte” no IES San Clemente en Santiago de Compostela

Trátase dunha das vinte e cinco exposicións enREDadas que se realizan simultaneamente en varias cidades do mundo.  Nesta trátase o tema da doazón e transplante de órganos na que expóñense obras de catorce docentes-artistas de diferentes lugares e vinte e catro alumnos e alumnas do CEIP de Sestelo- Baión e que forma parte das actividades realizadas polo IES San Clemente na súa participación no programa educativo Salvavidas do Plan Proxecta.
Esta exposición conta co patrocinio da UNESCO e da Oficina de Coordinación de Transplantes do SERGAS.
Pódese visitar ata finais de xuño, de luns a venres, de 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 23:00.
Máis información no enlace proporcionado.

 

 

Gallego
Cartel da exposición "doArte"

Sección: 

"Cocotoloxía matemática" no MUNCYT da Coruña

O profesor e escritor Miguel Ángel Vidal crea xogos que buscan acercar as matemáticas aos estudantes dun xeito ameno, divertido e pouco convencional.

Esta actividade realízase no MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) da Coruña o domingo 7 de xuño de 2015 ás 12:30 da mañá.

A entrada é libre ata completar o aforo e está destinada a calquera tipo de público.

 

 

 

Gallego
Logo do MUNCYT

Tema: 

Sección: 

Xornadas “Realidade Educativa na Comunidade Xitana en Exclusión: Formación para profesionais do ámbito da educación

Estas xornadas están organizadas pola Unión Romaní desde a súa área de educación e financiadas polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

Destinatarios: profesionais e estudantes do ámbito educativo e social

Terán lugar na Facultade de Ciencias da Educación (Aula 12), Campus Norte, Avenida Xoan XXIII, s/n, 15782, Santiago de Compostela, A Coruña; os días 16, 17 e 18 de xuño de 2015.

A inscrición pódese realizar no enlace: http: //tinyurl.com/jfpae-Santiago2015 ata o 10 de xuño.

Máis información no arquivo anexo das Xornadas.

Gallego
Debuxo de dous nenos de distintas razas con material escolar

Sección: 

Xornada sobre "Alternativas de ocio saudable para a nosa mocidade" organizadas pola Consellería de Sanidade

O próximo martes 9 de xuño de 2015 de 10 h a 14 h no Salón de Actos da Consellería de Sanidade (San Lázaro, Santiago de Compostela), terá lugar esta xornada.

O obxectivo é proporcionar aos asistentes estratexias, consellos e ferramentas para previr o problema do consumo de sustancias aditivas e promover un ocio saudable entre a mocidade.

As persoas interesadas pódense inscribir no mail: maria.jose.garcia.castro@sergas.es ou chamando ao teléfono 881 541 859, xa que as prazas son limitadas.

Pódese descargar o programa da xornada no arquivo anexo.

 

Gallego
Logo da Consellería de Sanidade

Sección: