Gallego

Día Europeo das Linguas 2015

O vindeiro 26 de setembro celebrarase o Día Europeo das Linguas. Esta iniciativa do Consello de Europa realízase desde 2001 coa participación de numerosas institucións e asociacións con intereses culturais e lingüísticos, así como universidades e centros escolares.

A web desta campaña ofrece a posibilidade de que os centros de ensino participen nas actividades propostas. Entre elas, ofrécese a posibilidade de votar a iniciativa máis innovadora, creativa e transferible que contribúa a promoción das linguas. O prazo para realizar as votacións vai do 22 de setembro ao 21 de outubro de 2015. O resultado anunciarase en decembro.

Pódese tamén consultar a nova no portal da lingua galega.

Gallego
Logo do Día Europeo das Linguas

Resolución definitiva da convocatoria de licenzas por formación para o curso 2015/2016 destinadas a funcionarios docentes non universitarios

Gallego

Xúntase a Orde do 4 de setembro de 2015 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de licenzas por formación para o curso 2015/16 destinadas ao funcionariado docente non universitario.

Colectivo: 

Sección: 

Cualificacións provisionais dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2014/2015

Gallego

Xúntanse a cualificacións provisionais dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2014/2015

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Cambio na política de contrasinais nas contas de correo de Educación

Gallego

Co gallo de adaptar os sistemas de información da CCeOU á política de contrasinais para o acceso a sistemas de información da Xunta de Galicia, entre o 15 de setembro e o 31 de outubro os contrasinais da totalidade das contas de correo e de usuario de educación terán que cumprir as seguintes características:

Lonxitude mínima: 8 caracteres

Complexidade: O contrasinal debe estar composto por letras (maiúsculas e minúsculas) e números ou caracteres especiais ($,%,&, etc.). O contrasinal non pode conter o identificador do usuario, DNI, nome ou apelidos do usuario. O novo contrasinal debe diferenciarse polo menos en tres caracteres do último contrasinal empregado. Tampouco poderá coincidir con ningún dos últimos 5 empregados.

Caducidade: 120 días

Bloqueo temporal da conta: Tras 5 intentos incorrectos

Desbloqueo da conta: Automático, tras 15 minutos.

Entre o 15 de setembro e o 31 de outubro o contrasinal de cada conta de correo que actualmente non cumpra dita política (todas as que non teñen caducidade do contrasinal) será marcado como caducado, e haberá que indicar un novo contrasinal. Lembre que pode cambiar o contrasinal na aplicación Contausuario  ( https://www.edu.xunta.gal/contausuario/ ), menú Conta, apartado Cambiar contrasinal. No caso de que o seu contrasinal estea caducado poderá acceder a Contausuario empregando o antigo contrasinal e indicar un novo contrasinal en dita aplicación.

Uns días antes da data de caducidade do seu contrasinal recibirá unha mensaxe automática indicando dita data límite. A nosa recomendación é que non espere a que lle caduque o contrasinal, é mellor que o actualice antes para evitar molestias.

Importante: Por favor, revise na aplicación Datospersoais  ( https://www.edu.xunta.gal/datospersoais/ ) a vixencia dos seus datos de contacto. No caso de que nalgún momento esqueza o seu contrasinal, vostede poderá rexeneralo sempre que na súa información de contacto exista unha dirección de correo electrónico externa (que non sexa @edu.xunta.es) ou ben un teléfono móbil. No caso de que non consten eses datos de contacto, será necesario que contacte co seu departamento de persoal para que se lle incorpore dita información na súa ficha, ou ben deberá achegarse ás instalacións da xerencia de proxectos de educación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) no soto do edificio de Educación no complexo administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

 

Normativa aplicable

  • Lei Orgánica 15/1999, do 13 de Decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD).
  • Real Decreto 1720/2007, do 21 de Decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de Decembro, de protección de datos de carácter persoal (RLOPD).
  • Real Decreto 3/2010, do 8 de Xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica (ENS).
  • Estándar Internacional ISO/IEC 27002. Tecnoloxía da Información. Técnicas de seguridade.
  • Decreto 230/2008, do 18 de Setembro, polo que se establecen as normas de Boas Practicas na utilización dos sistemas de información da Administración da Comunidade Autonómica de Galicia.
  • Decreto 198/2010, do 2 de Decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de de Galicia e nas entidades dela dependentes.
  • Política de seguridade da información da Administración xeral e do sector publico autonómico de Galicia, aprobada o dia vinte e cinco de xuño de dous mil quince polo Consello da Xunta de Galicia

Dende a Xerencia de Proxectos de Educación agradecemos de antemán a súa comprensión polas posibles molestias que este cambio poden suporlle.

Colectivo: 

O prazo para solicitar a participación no Plan Proxecta remata o 15 de outubro

Este curso 2015-16 o Plan Proxecta arrancará cunha nova marca de programas. Aos 28 do curso pasado súmanse 10 novos programas que diversifican en maior medida a oferta temática que poden abordar os centros ao abeiro de Proxecta e que facilitan a consideración de actividades de innovación educativa para iniciativas que xa estaban a desenvolver con éxito nos centros de ensino. Os programas novos que se ofrecen neste curso son os seguintes: DAFIS, Aprendo programando, Protexe os animais, Naturézate, Cociñando con saúde, Xermoliño, Xermolón, Fitofaladoiro, Proxecto didáctico Antonio Fraguas, Mirando polo Camiño, Ti es creador e Mobilidade sostible e segura. Pódese consultar a convocatoria e mais a corrección de erros (que contén a listaxe definitiva dos programas que se ofrecen neste curso) na nova publicada na seguinte ligazón.

A descrición dos programas pódese consultar nesta ligazón. Con todo, se algún centro precisa obter máis información pódese poñer en contacto coas asesoras do Plan Proxecta ou coas persoas responsables de cada programa.

A convocatoria deste curso deixa aberto o prazo da convocatoria ata o xoves 15 de outubro co fin de favorecer que os centros completen os seus claustros e poidan formular os seus proxectos con máis seguridade. A solicitude de cada centro debe formalizarse a través da aplicación do Plan Proxecta, situada na páxina de inicio da web do Plan.

 

Gallego
Logo do Plan Proxecta

Colectivo: 

Sección: 

XII Curso de Formación: As Literaturas Infantís e Xuvenís

O presente curso ten como finalidade formar e informar sobre o tratamento dos conflitos bélicos na Literatura Infantil e Xuvenil, co obxectivo de salientar aquelas obras que se consideran imprescindibles para a formación lectora no Ensino Primario e Secundario e así axudar á planificación da educación literaria. Esta formación está xeralmente excluída, ou pouco ofertada, nos planos de estudo de licenciaturas, diplomaturas e graos, malia a súa transcendencia en ámbitos básicos como a formación e comprensión lectora e escrita. Analizaranse obras imprescindibles, realizaranse talleres literarios e artísticos, encontros con autores que representaron estes conflitos nas súas obras. Polo tanto, o tema específico a tratar é Obras imprescindibles para o ensino primario e secundario sobre conflitos bélicos.

Convocan:

  • Universidade de Santiago de Compostela. Instituto de Ciencias da Educación. Grupo de Investigación LITER21. MINECO-FEDER.
  • Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
  • Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Datas de celebración: 25-26 de setembro e 2-3 de outubro de 2015.

Lugar: Biblioteca Afundación (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, 15701, Santiago de Compostela)

Destinatarios: profesorado de primaria, ESO e bacharelato. Calquera interesado no tema.

Matrícula: ata o 20 de setembro de 2015.

Prezo: 25 €

Solicitada homologación de 16 horas de formación para o profesorado participante.

Nos arquivos anexos pódese descargar: o programa desta actividade e a folla de inscrición.

Gallego
Cartel do XII Curso de Formación: As Literaturas Infantís e Xuvenís

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Semana Europea da Mobilidade 2015

Do 16 ao 22 de setembro terá lugar a celebración da Semana Europea da Mobilidade. Esta iniciativa xurdida en 2002 procura promover políticas e accións encamiñadas á redución do uso dos vehículos de motor nas cidades.

Entre as 1404 cidades e vilas europeas que están adheridas a esta iniciativa figuran Burela, O Barco de Valdeorras e Vigo. Fóra destas iniciativas concretas, outros moitos concellos e centros de ensino de Galicia están a preparar actividades para a celebración deste evento: A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa.

Pódese consultar na páxina do CENEAM algúns contidos de interese sobre o desenvolvemento desta iniciativa a nivel estatal.

Gallego
Logo da Semana Europea da Mobilidade

Sección: 

Seminario para profesionais “Sensibilización e Intervención en Abuso Sexual e Infantil”

Esta actividade está organizada por AMINO.Gal , entidade sen ánimo de lucro de Galicia que ten como obxectivo a prevención, detección e asesoramento na intervención de maltrato a nenas, nenos e adolescentes, e de axuda e apoio ás familias que afrontan estas situacións.

Data de celebración: 3 de outubro de 2015.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela.

Data límite de inscrición: 27 de setembro de 2015, no enlace: http://www.aminogal.es/inscripciones

Os asistentes poden inscribirse gratuitamente ata completar aforo nesa páxina.

Gallego
Cartel do Seminario para profesionais “Sensibilización e Intervención en Abuso Sexual e Infantil”

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2015/2016

Gallego

Xúntase a Resolución do 3 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2015/16.

  • O prazo de presentación das solicitudes dará comezo o día seguinte ao da súa publicación e rematará o día 9 de outubro de 2015. Terán ata o 13 de novembro de 2015 para realizar as alegacións que se consideren ás listas publicadas.

Colectivo: 

Sección: 

Axudicación definitiva de destino provisional para o curso académico 2015/2016, entre o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, ..., que non teñan destino definitivo ou que sexan desprazados por falta de horario...

Gallego

Publicada a Adxudicación definitiva de destinos provisionais do persoal do corpo de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño para o próximo curso académico 2015/16.

(10/09/2015) Adxudicación definitiva por orde de adxudicación

Xúntanse as  Instrucións para a toma de posesion do profesorado

O profesorado dos corpos referidos que obtivo destino na adxudicación de destinos provisionais convocados pola Orde do 9 do xuño de 2015 (DOG do 22) tomará posesión no centro educativo de destino e deberá remitir á Xefatura Territorial correspondente a documentación que a continuación se indica:

A toma de posesión realizarase os días 11 e 14 de setembro de 2015,  dende a publicación da resolución definitiva de adxudicación  na páxina web www.edu.xunta.es

Todos os documentos deberán ser asinados coa data da toma de posesión.

Os efectos económicos e administrativos da toma de posesión é do 15 de setembro de 2015  para todo o profesorado que obtivo destino, agás o profesorado que obtivo destino en comisión de servizos procedente doutra Comunidade Autónoma  e o profesorado con destino provisional procedente do estranxeiro a toma de posesión ten efectos do 1 de setembro de 2015.

Colectivo: 

Sección: