Licenzas por formación destinada ao funcionariado docente non universitario para o curso 2015/2016

Mar, 16/06/2015 - 10:00

Xúntase a Orde do 4 de xuño de 2015 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2015/16 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as bases de concesión (código ED305B).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Destinatarios:

Persoal docente que pertenza aos corpos que imparten ensinanzas das establecidas na LOE, destinado durante o curso académico 2015/16 en centros educativos públicos e nos servizos provinciais de Inspección educativa dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coa seguinte prelación:
a) Persoal docente funcionario de carreira que non gozou de licenza por formación nos últimos dous cursos (2013/14 e 2014/15).
b) Persoal docente funcionario de carreira que gozou de licenza por formación nos últimos dous cursos (2013/14 e 2014/15).
c) Persoal interino.

Requisitos

As persoas candidatas á licenza por formación deberán reunir os seguintes requisitos:

  1. Persoal docente de carreira.
    1. Estaren en situación de servizo activo e prestando servizos ininterrompidos durante os cursos 2013/14 e 2014/15, e no 2015/16 seguiren tendo destino e exercendo docencia directa con alumnado en centros docentes educativos dependentes da consellería.
    2. Teren, como mínimo, dous anos de antigüidade como persoal docente de carreira nos corpos e nas escalas que se establecen no artigo 1 desta orde. Para estes efectos computaranse os servizos ata o 31 de agosto de 2015. Para a modalidade 6 terá preferencia o profesorado con destino definitivo no centro educativo durante o curso 2015/16.
    3. Non teren destino en comisión de servizos durante o curso 2015/16, agás o profesorado destinado en centros de ensinanzas artísticas superiores e o que estea a gozar dunha comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral ou por motivos de saúde.
  2. Persoal interino.

Para estes efectos entenderase como profesor interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tales ata o remate do curso académico correspondente.

Modalidades:

Convócanse seis modalidades de licenzas por formación, todas elas retribuídas, por un período total de 500 meses, de acordo coa seguinte temática e distribución:

1. Proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para educación primaria e secundaria e atención á diversidade nestes niveis.
Duración: de 1 a 3 meses, segundo a valoración do proxecto presentado (entre o 15 de setembro de 2015 e o 30 de xuño de 2016).
Meses convocados: 80

2. Grupos de traballo de 2 ou 3 membros para a creación de materiais curriculares dixitais para educación primaria e secundaria e atención á diversidade nestes niveis.
Duración: de 1 a 3 meses, segundo a valoración do proxecto presentado (entre o 15 de setembro de 2015 e o 30 de xuño de 2016).
Meses convocados: 80

3. Proxectos individuais para a elaboración ou adaptación de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.
Esta modalidade terá as seguintes submodalidades:

 

  • Submodalidade 3.a. Elaboración de materiais inéditos nunha lingua oficial e/ou noutra ou noutras linguas estranxeiras.
  • Submodalidade 3.b. Actualización de materiais creados en convocatorias anteriores e, simultaneamente, a súa adaptación a unha ou máis linguas estranxeiras.

 

Duración: de 1 a 3 meses, segundo a valoración do proxecto presentado (entre o 15 de setembro de 2015 e o 30 de xuño de 2016).
Meses convocados: Submodalide 3.a: 24. Submodalidade 3.b: 6.

4. Grupos de traballo de 2 ou 3 membros para a elaboración ou adaptación de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.
Duración: de 1 a 3 meses, segundo a valoración do proxecto presentado (entre o 15 de setembro de 2015 e o 30 de xuño de 2016).
Meses convocados: 70

5. Grupos de traballo de 2 ou 3 membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado.
Duración de 1 a 3 meses (entre o 15 de setembro e o 31 de decembro de 2015)
Meses convocados: 40

6. Perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior.
Dirixida preferentemente ao profesorado non especialista de ensino primario e secundario e formación profesional para promover dun xeito prioritario a creación ou a continuación do programa de seccións bilingües e/ou de centros plurilingües.
Duración: mínima de 1 mes e máxima de 3 meses (do 15 de setembro de 2015 ao 31 de agosto de 2016).
Meses convocados: 200

Documentación necesaria

Solicitude segundo o modelo do anexo II da convocatoria.
Proxecto de estudos ou de traballo de investigación que se pretenda realizar durante o período da licenza, segundo o contido do anexo IV.
A demais documentación específica para cada modalidade requirida na convocatoria.
Relación numerada e asinada da documentación presentada.

Máis información

Mail: licenzas.fprofe@edu.xunta.es
 
Tl.: 881 99 76 35 / 981 54 65 15

Menú Advertisement

Licenzas por formación

Sen términos