Gallego

Orde do 16 de decembro de 2011 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Gallego

Xúntase a Orde do 16 de decembro de 2011 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia

Colectivo: 

Sección: 

Axudas complementarias ao programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza para o curso académico 2011/2012

Gallego

Orde do 16 de decembro de 2011 pola que se aproban as bases e se convocan axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, para estudantes universitarios que participan nesta acción no curso 2011/2012.

Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, axudas complementarias ao Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas aos estudantes seleccionados polas universidades do Sistema Universitario de Galicia ou polos centros asociados da UNED en Galicia que participan no citado programa de mobilidade universitaria durante o curso 2011/2012.

Requisitos: Poderán solicitar estas axudas os alumnos universitarios que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser cidadán da Comunidade Europea ou estranxeiro non comunitario con residencia legalizada no Estado español.

b) Estar matriculado no curso 2011-2012 en calquera das universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED nesta comunidade autónoma para realizar estudos universitarios oficiais conducentes aos títulos universitarios de graduado, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, mestre, arquitecto técnico ou enxeñeiro técnico.

c) Participar no programa de mobilidade universitaria con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda achegada pola Unión Europea no marco do Programa de Aprendizaxe Permanente para participar na acción de mobilidade para estudos dentro do Programa Erasmus ou do Goberno de Suíza.

d) Que a duración mínima da estadía, para os efectos de concesión de bolsa, sexa de tres meses, e a máxima de nove meses.

e) Non ter gozado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.

Período de solicitude:

O prazo de presentación de solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes será dende 28 de decembro de 2011 ata o 27 de xaneiro de 2012.

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio das profesións de PES, FP e EOI

Gallego

Orde EDU/3498/2011, de 16 de decembro, pola que se modifica a Orde ECI/3858/2007, de 27 de decembro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio das profesións de Profesor de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria de subvencións para actividades de formación de adultos durante o ano 2012

Gallego

Xúntase a Orde do 16 de decembro de 2011 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación de adultos durante o ano 2012

Estas actividades terán como solicitantes as entidades locais e as asociacións sen ánimo de lucro que o desexen e os beneficiarios serán as persoas que desexen obter o título de graduado en ESO ou os/as inmigrantes que precisen alfabetización en galego e castelán.

  • Os anexos que se deben presentar poden encherse e imprimirse, directamente, desde a seguinte páxina web: https:\\sede.xunta.es (Pódese localizar máis facilmente buscando o procedemento ED508A)

Colectivo: 

Sección: 

Catro traballos de profesores galegos acadan o 1º, 2º premio e dúas mencións honoríficas dos "Premios Nacionales de fomento de la lectura de la prensa" 2011

Relación de premiados e mencións honoríficas de Galicia concedidas na convocatoria de "Premios Nacionales de fomento de la lectura de la prensa" 2011

1º premio: "El arte y la imagen a través de la prensa" do CEIP de Curtis, Curtis (A Coruña) .

Autora: Gisela García Ron.

2º premio: "Prensa y construcción de sentido en las escuelas contemporáneas" do IES Valle Inclán.

Autor: Manuel Gil Labrada.

Mencións honoríficas:

"Proyecto Revista Entrepontes" do IES Campo de San Alberto, Noia (A Coruña)

Coautores/as:

María Josefa Lorenzo Torea

Mercedes Vicente Rivas

Rosa M. Conde Vieiro

Jesús Sánchez Bugallo

Juan Sotilla Varela

Guillermo Hernández Rodríguez

"Fomentando la lectura de la prensa desde la biblioteca" do IES Gregorio Fernández, Sarria (Lugo)

Coautores/as:

Mª Raquel Arias Arias

Eduardo Rey Moure

Gallego
BOE

Sección: 

Publicada a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2010/2011

Gallego

Xúntase a Orde do 16 de decembro de 2011 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2010-2011.

Colectivo: 

Sección: 

Dous profesores galegos acadan os Premios Nacionais eTwinning 2012

Os premios refírense á innovación pedagóxica e curricular, uso das TIC, integración curricular, continuidade e a colaboración entre centros escolares asociados.
Concedéronse dez premios, dous deles a proxectos desenvolvidos polo seguinte profesorado galego:


José Benito Búa Ares do IES Ramón Cabanillas (Cambados, Pontevedra) polo traballo: “Goal! Go outside and learn”. Proxecto baseado nas matemáticas no que participaron 6 países, 22 aulas, 24 profesores e 420 estudantes

Carmen Fernández do IES de Poio (Pontevedra) polo traballo: “Nos encontramos en el camino”. Claro exemplo de proxecto de colaboración entre 3 centros de España, Francia e Eslovaquia relacionado co camiño de Santiago e a súa riqueza cultural.
 

Gallego
eTwinning

Sección: 

Resolución 600/38249/2011 de 30 de novembro, da Xefatura de Estado Maior da Armada, pola que se convocan os premios “Virgen del Carmen”, para 2012

Os premios “Virgen del Carmen” teñen como finalidade fomentar o interese e a afición polo mar e os asuntos navais, estimular na xuventude as vocacións polos oficios e profesións navais e difundir a cultura naval.
Premios:
1. De libros
2. De xuventude: específico para alumnado

  • a. Bacharelato (16-18 anos)
  • b. Secundaria e Formación Profesional de Grao Medio (12-16 anos)
  • c. Primaria (6-12 anos)

3. De poesía
4. Diploma de honor
5. De pintura
6. De fotografía
7. De modelismo naval
8. De páxina web

O prazo para presentar os traballos para os premios de xuventude remata o 18 de abril do 2012.

Gallego
BOE

Sección: 

Publicada a concesión dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2010/2011

Gallego

Xúntase a Orde do 14 de decembro de 2011 pola que se publica a concesión dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2010-2011, convocados pola Orde do 15 de xullo de 2011.

Colectivo: 

Sección: 

A Comunidade Autónoma de Galicia vén de recibir tres premios a nivel nacional en materia de innovación e experimentación en formación e en orientación profesional

A Consellería de agradece ao profesorado o seu esforzo a prol da mellora na calidade educativa que fai posible a obtención destes recoñecementos

Gallego

Once institutos galegos resultaron galardoados con tres premios de rango nacional, na categoría de innovación e experimentacións en materia de formación e orientación profesional. Os centros premiados no certame “Calidade e innovación en Orientación e Formación Profesional 2011” recibiron o seu recoñecemento o pasado luns na sede da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación de Madrid.

Os premios

O IES As Mercedes de Lugo recibiu un segundo premio, cun importe de 15.000 €, no apartado calidade e innovación na formación profesional co proxecto “Estratexias para o aforro  enerxético en instalacións agropecuarias” consistente en aproveitar a calor xerada nos tanques utilizados para arrefriar a leite producida nas explotacións lácteas para producir auga quente para uso domestico e calefacción. Este sistema permite aforrar máis de seis litros de gasóleo –ou o seu equivalente en enerxía eléctrica- por cada mil litros de auga que se quente, o que reduce os gastos da explotación gandeira e a emisión de gases de efecto invernadoiro.

Un terceiro premio dotado con 10.000 €, recaeu no proxecto “Estandarización dos procesos implicados nas tarefas e funcións propias da orientación profesional e da acción titorial”, dentro do ámbito de calidade e innovación en orientación profesional desde o sistema educativo. Neste caso, o galardón foi para un grupo de nove orientadoras e orientadores doutros tantos centros educativos, - IES Praia Barraña, IES Campo de San Alberto, IES Brión, IES Arcebispo Xelmírez I, IES Plurilingüe Fontexería, IES Xulián Magariños, CPI de Zas, IES Armando Cotarelo Valledor, IES Nº 1 da Estrada. Neste caso, o equipo de traballo, identificou os procesos clave que teñen lugar en materia de orientación profesional, coa finalidade de homoxeneizalos e poñelos a disposición da comunidade educativa, promovendo a creación dun modelo de xestión de calidade  en materia de orientación profesional.

Ademais destes dous premios a comunidade de Galicia, recibiu unha mención honorífica na modalidade de orientación profesional polo proxecto do IES de Chapela, “Os indicadores do camiño. Mirar con atención para chegar sen perderme”, centrado na atención a diversidade do alumnado de formación profesional.

Compromiso coa educación

Os tres proxectos poñen en evidencia un alto grao de compromiso, traballo e preparación por parte dos seus responsables. Unha vez máis se recoñece e valora as boas prácticas de profesores e de centros educativos da comunidade autónoma de Galicia, consecuencia do esforzo compartido na busca da mellora na acción educativa e profesional.

Os premios, convocados a nivel nacional polo ministerio de Educación, están dirixidos a profesores ou a equipos de traballo de centros nos que se imparte formación profesional coa finalidade de destacar actuacións exemplares nos ámbitos da calidade e innovación en formación profesional del sistema educativo e na calidade e innovación en orientación profesional desde o sistema educativo.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria quere agradecer ao profesorado o seu esforzo a prol  da mellora da calidade educativa, que fai posible a obtención destes recoñecementos.

Colectivo: 

Sección: