Gallego

Congreso Igualdade de Xénero e Educación

O Ministerio de Educación o Goberno do Principado de Asturias organizan os días 10, 11 e 12 de novembro de 2011, no Centro Niemeyer de Avilés (Asturias), o Congreso Igualdade de Xénero e Educación
O obxectivo desta xuntanza é crear un espazo para a reflexión, o intercambio e a acción sobre o tema, iniciando unha líña de traballo compartido, desde diferentes colectivos e ámbitos de actuación. No Congreso levaranse a cabo distintas actividades: comunicacións, experiencias, obradoiros, exposicións, pósters, feira de materiais.
Durante a súa celebración tamén se entregarán os Premios IRENE, a paz empeza na casa.
O prazo de inscrición finaliza o 15 de outubro e pode realizarse directamente na web do congreso.

Gallego
Congreso Igualdade de Xénero e Educación

Tema: 

Sección: 

I Congreso Estatal de Compensación Educativa

Os días 20, 21 e 22 de outubro ten lugar en Sevilla o I Congreso Estatal de Compensación Educativa, organizado polo Ministerio de Educación e a Consellería de Educación da Junta de Andalucía. Baixo o lema “Transformando a escola” esta xuntanza pretende mostrar “as vantaxes dun currículum diferente, da cultura colaborativa, do liderado, da interculturalidade… sempre na busca dun modelo inclusivo de escola no que cada alumno e cada alumna importan”.

 

 

Gallego
I Congreso Estatal de Compensación Educativa

Tema: 

Sección: 

Programa CaixaEscena 2011/2012

A Obra Social de La Caixa ofrece aos centros de Galicia o Programa CaixaEscena, unha iniciativa educativa de asesoramento, formación e outras actividades de apoio para o desenvolvemento de programas de teatro escolar. Deste xeito, o programa está organizado arredor de centros de interese temáticos que este ano inclúen a obra de Goldoni e a Commedia dell’ Arte, os textos de Shakespeare e a posta en escena de Sainetes e Entremeses.
Para obter máis información e/ou inscribirse no programa hai que dirixirse á súa páxina web.

 

 

Gallego
CaixaEscena

Sección: 

Orde de novos centros plurilingües para o curso 2011/2012

Orde do 8 de setembro de 2011 pola que se autorizan novos centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso 2011/2012.

 

 

 

 

 

Gallego
DOG

Resolución da convocatoria do Programa de apertura de centros educativos fóra do horario lectivo

Orde do 4 de outubro de 2011 pola que se resolve a convocatoria de subvencións para o cofinanciamento do Programa de apertura de centros educativos públicos fóra do horario lectivo nos concellos de Galicia para o ano 2011.

 

 

Gallego
DOG

Sección: 

O Proxecto ANOCA (Aprender NO CÁrcere) vén de recibir o segundo premio Miguel Hernández 2011

O Proxecto ANOCA (Aprender NO CÁrcere), do E.P.A.P.U. de Teixeiro, acaba de ser galardoado co segundo premio «Miguel Hernández», unha iniciativa da Dirección Xeral de Formación Profesional do Ministerio de Educación dirixida a recoñecer a importancia que debe darse á eliminación das desigualdades ante a educación e a supresión das discriminacións dos grupos desfavorecidos ante a formación básica, así como a labor realizada por aquelas institucións públicas ou entidades privadas sen ánimo de lucro que se distingan pola súa aportación eficaz á supresión do analfabetismo.
Tal e como indica o seu blog, “o profesorado do E.P.A.P.U. de Teixeiro desenvolve o proxecto Aprender no Cárcere para crear unha vía de comunicación e colaboración entre os intern@s da nosa escola e os adolescentes dos centros de secundaria da nosa Comunidade”. Este traballo foi tamén galardoado recentemente co “III Premio Nacional de Educación para el desarrollo Vicente Ferrer” convocado conxuntamente pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) e o Ministerio de Educación.
Blog: http://proxectoanoca.blogspot.com/

Gallego
Premios Miguel Hernández

Sección: 

Relación de persoal docente que obtivo destino definitivo no proceso de adscrición de transformación dos IES en CIFP

Orde do 31 de agosto de 2011 pola que se fai pública a relación de persoal docente que obtivo destino definitivo no proceso de adscrición regulado na Orde do 22 de xuño de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 23 de xuño), polo que se desenvolve o Decreto 118/2011, do 16 de xuño, polo que se transforman institutos de educación secundaria en centros integrados de formación profesional, se fusionan centros educativos e se cambian ensinanzas.

Gallego
DOG

Sección: 

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro

O pasado mes de xullo abriu as portas ao público o PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE Campo Lameiro (Pontevedra), un equipamento cultural concibido para gozar dunha oferta educativa, cultural e lúdica baseada nos petróglifos e no seu contexto histórico e ambiental.
O percorrido polo Parque Arqueolóxico consta de tres fitos principais que se desenvolven de maneira sucesiva: i) a visita á exposición estable, un espazo no que o visitante pode acadar un coñecemento sobre os petróglifos galegos rigoroso, pero tamén lúdico, didáctico e emocionante; ii) o paseo pola zona arqueolóxica anexa, na que se poden observar algúns dos máis relevantes exemplos da arte rupestre galega e entender a súa vinculación coa paisaxe que lles da sentido; iii) o acceso á recreación dun poboado da Idade do Bronce, un espazo moito máis vivencial e experimental, no que o visitante pode aproximarse aos modos de vida dos nosos antepasados.
A oferta compleméntase coa posibilidade de realizar diferentes obradoiros que combinan contidos patrimoniais e experiencias lúdicas, como cazar con arco ou xavelina, fabricar cerámicas e cestos como os da Idade do Bronce, aprender a facer lume sen mistos nin chisqueiros, ou facer calcos dos petróglifos como os arqueólogos.
Para acadar máis información sobre o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre pode consultar a páxina web www.paar.es , ou ben poñerse en contacto co número 986 69 60 66 ou a través da dirección de correo info@paar.es.

Gallego
Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro

Sección: 

X Certame de Novos Intérpretes Solistas José Valcárcel

O vindeiro 5 de novembro de 2011 terá lugar ás 19:00 o X Certame de Novos Intérpretes Solistas José Valcárcel na vila pontevedresa da Estrada.
A data límite para remitir toda a documentación para participar no concurso remata o 20 de outubro As solicitudes de inscrición formalizaranse cumprimentando o boletín que se xunta.
Establécense dúas modalidades de participación:
1.- VENTO-MADEIRA (Frauta traveseira, clarinete, oboe, fagot e saxofón).
2.- VENTO-METAL (Trompeta, fliscorno, trompa, trombón, bombardino e tuba).
Os premios son os seguintes:
• Solistas: 1º premio cunha dotación de 600€
2º premio cunha dotación de 400€
3º premio cunha dotación de 200€
Poderán participar neste certame todas as persoas que acrediten estudos en calquera Conservatorio ou Escola de Música e que naceran no ano 1988 ou posteriores, excepto o gañador/a de edicións anteriores.

Gallego
X Certame de Novos Intérpretes Solistas José Valcárcel

Sección: