Título node Learning object

O Proxecto ANOCA (Aprender NO CÁrcere) vén de recibir o segundo premio Miguel Hernández 2011
Ven, 07/10/2011 - 08:04
Premios Miguel Hernández

O Proxecto ANOCA (Aprender NO CÁrcere), do E.P.A.P.U. de Teixeiro, acaba de ser galardoado co segundo premio «Miguel Hernández», unha iniciativa da Dirección Xeral de Formación Profesional do Ministerio de Educación dirixida a recoñecer a importancia que debe darse á eliminación das desigualdades ante a educación e a supresión das discriminacións dos grupos desfavorecidos ante a formación básica, así como a labor realizada por aquelas institucións públicas ou entidades privadas sen ánimo de lucro que se distingan pola súa aportación eficaz á supresión do analfabetismo.
Tal e como indica o seu blog, “o profesorado do E.P.A.P.U. de Teixeiro desenvolve o proxecto Aprender no Cárcere para crear unha vía de comunicación e colaboración entre os intern@s da nosa escola e os adolescentes dos centros de secundaria da nosa Comunidade”. Este traballo foi tamén galardoado recentemente co “III Premio Nacional de Educación para el desarrollo Vicente Ferrer” convocado conxuntamente pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) e o Ministerio de Educación.
Blog: http://proxectoanoca.blogspot.com/

Menús Learning object node R