Gallego

Resolución definitiva do 9 de setembro de 2015, pola que se incorporan novas Seccións Bilingües para o curso 2015/2016

Gallego
Xúntanse as listaxes definitivas de seccións bilingües admitidas e excluídas para o curso 2015-2016.

Colectivo: 

Resolución definitiva do 9 de setembro de 2015 pola que se incorporan novos centros á Rede de Centros Plurilingües para o curso 2015/2016

Gallego
Xúntanse as listaxes definitivas de centros admitidos e excluídos á Rede de Centros Plurilingües para o curso 2015-2016.

Colectivo: 

Listaxe definitiva de centros autorizados para a incorporación ao programa CUALE para o curso 2015/2016

Gallego

Xúntanse a listaxe definitiva de centros autorizados para a incorporación ao programa CUALE o para o curso 2015/2016.

Concurso "Juvenes Translatores"

A Dirección Xeral de Tradución da Comisión Europea organiza este concurso de tradución para centros de ensinanza da Unión Europea.

Consta de tres fases:

  • Preparativos
  • Proba de tradución
  • Cerimonia de entrega de premios

Os centros que desexen participar deberán inscribirse por internet , entre o 1 de setembro e o 20 de outubro de 2015, na ligazón: http://ec.europa.eu/translatores/index_es.htm. Esta inscrición comeza e finaliza ás 12:00 horas (horario de Bruselas). Seleccionarán 54 centros de España.

Máis información deste concurso, na ligazón aportada.

Gallego
Cartel do Concurso "Juvenes Translatores"

Sección: 

Convocatoria 2015 do programa nacional para a educación complementaria de alumnos “Rutas Científicas e Literarias"

O Programa de “Rutas Científicas, Artísticas e Literarias” pretende ademais de dar continuidade  aos coñecementos recibidos polo alumnado na  aula, mellorar e presentar de forma máis atractiva a formación recibida nos  seus respectivos centros, a través de contornos máis experimentais e visuais.

Destinatarios:
Alumnado de centros educativos españois ordinarios sostidos con fondos públicos, en territorio nacional dos seguintes niveis educativos: 5º e 6º de educación primaria, ESO, Bacharelato,  ciclos de grao medio de formación profesional e ciclos de grao medio de ensinanzas artísticas.

Prazo de presentación: ata o 10 de setembro de 2015.

Para máis información, consultar a ligazón web aportada abaixo (BOE 11/08/2015)

Gallego
Logo do Ministerio de Educación, Cultura e Deportes

Sección: 

EDUCACHESS: proxecto educativo sobre o xadrez

O proxecto educativo EDUCACHESS permite introducir o xadrez nos centros educativos e está promovido pola Asociación Internacional para a Difusión do Xadrez, formada por docentes e afeccionados ao xadrez.

Na web aportada pódese atopar toda a información , descargar materiais didácticos gratuítos e acceder a actividades interactivas en varias linguas.

Non é necesario comprar os materiais para usalos desde esta web, pero os centros que o soliciten poden comprar estes materiais en formato físico, cun custo de 5€ para os libros da colección “Xoga e aprende” e de 8€ os da colección “Xadrez para todos” (nas librerías véndense a 14 e 15 €, respectivamente).

Para máis información, acceder á web aportada ou remitirse ao correo info@educachess.org

Gallego
Logo do Proxecto EDUCACHESS

Reunións informativas organizadas por INGADA

O Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados (INGADA) organiza reunións informativas nas seguintes datas e lugares:

A Coruña

  • Día: 3 de setembro de 2015
  • Hora: 19:00
  • Lugar: Curros Enríquez 17-19, O Temple, Cambre, A Coruña.

Lugo

  • Día: 3 de setembro de 2015
  • Hora: 19:00
  • Lugar: Sanatorio Virxe dos Ollos Grandes, Rúa Montevideo, 23, Lugo.

Ourense

  • Día: 11 de setembro de 2015
  • Hora: 19:30
  • Lugar: Policlínico Santa Cristina, Rúa Antonio Sáez Díez, 3, Ourense.

Pontevedra

  • Día: 3 de setembro de 2015
  • Hora: 17:00
  • Lugar: Manuel Quiroga, 21, Pontevedra

Ferrol

  • Día: 2 de setembro de 2015
  • Hora: 19:00
  • Lugar: Edificio Usos Múltiples do Concello de Neda, Rúa Toeleira, 40-42, 1º B, Ferrol.
Gallego
Logo de INGADA

Sección: 

Listaxes definitivas de admitidos e excluídos dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2014/2015

Gallego

Xúntanse as listaxes definitivas de alumnado admitido e excluído correspondentes aos premios extraordinarios de ESO ao redemento académico correspondentes ao curso 2014/15.

Colectivo: 

Sección: 

Orde do 24 de xullo de 2015 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2014/15

Gallego

Xúntase a Orde do 24 de xullo de 2015 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2014/15.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Colectivo: 

Sección: 

Curso de tratamento do TDAH desde o ámbito educativo 2015-2016

Curso organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria  e  INGADA (Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados), no marco do convenio de colaboración entre ambas institucións.
O obxectivo é achegar ao profesorado galego dun coñecemento do TDAH desde  varios perspectivas: aspectos clínicos, manexo na aula, dificultades específicas en lectura e escritura e prevención de accidentes comúns. Ademais, preténdese dar a coñecer o Protocolo de Consenso sobre TDAH na infancia e adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario.

Destinatarios: todo o profesorado de ensino non universitario galego.

A incrición realizarase en fprofe e os códigos dos cursos que se celebrarán en cada un dos Centros de Formación e Recursos das catro provincias son:

  • L1501025 CFR de Lugo
  • C1501025 CFR da Coruña
  • P1501041 CFR de Pontevedra
  • O1501023 CFR de Ourense

Data límite de inscrición: 2 de outubro de 2015.

A temporización do curso será dunha sesión pola tarde de 4 horas de duración un día de cada semana do 5 ao 30 de outubro (pendente de pechar o día concreto de cada unha das semanas).

 A certificación será de 25 horas de formación (16 presenciais e 9 prácticas de elaboración de proxecto de intervención na aula).

Gallego
Logo de INGADA (Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados)

Tema: 

Colectivo: 

Sección: