Título node Learning object
Curso organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e INGADA (Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados), no marco do convenio de colaboración entre ambas institucións.
O obxectivo é achegar ao profesorado galego dun coñecemento do TDAH desde varios perspectivas: aspectos clínicos, manexo na aula, dificultades específicas en lectura e escritura e prevención de accidentes comúns. Ademais, preténdese dar a coñecer o Protocolo de Consenso sobre TDAH na infancia e adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario.
Destinatarios: todo o profesorado de ensino non universitario galego.
A incrición realizarase en fprofe e os códigos dos cursos que se celebrarán en cada un dos Centros de Formación e Recursos das catro provincias son:
- L1501025 CFR de Lugo
- C1501025 CFR da Coruña
- P1501041 CFR de Pontevedra
- O1501023 CFR de Ourense
Data límite de inscrición: 2 de outubro de 2015.
A temporización do curso será dunha sesión pola tarde de 4 horas de duración un día de cada semana do 5 ao 30 de outubro (pendente de pechar o día concreto de cada unha das semanas).
A certificación será de 25 horas de formación (16 presenciais e 9 prácticas de elaboración de proxecto de intervención na aula).